Máster Universitario en Internet das Cousas - IoT

2024/2025 · 60 créditos

Enxeñaría eléctrica, enxeñaría electrónica e enxeñaría da telecomunicación

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Recoméndase que o alumnado conte con algunhas das Titulacións Preferentes indicadas no apartado de "Criterios e Procedementos de Admisión" desta páxina.

Requisitos de acceso comúns

O alumnado deberá aportar coa súa solicitude:

  • Currículum vitae.
  • Título de Grao que posúa, así como detalle do plan de estudos cursado no que apareza a carga lectiva de cada unha das materias, e a ficha descriptiva daquelas que sexan relevantes para a xustificación de ter adquirido os coñecementos correspondentes ao perfil xenérico descrito na sección "Criterios e Procedemento de Admisión" (i.e., só no caso de non posuir unha das Titulacións Preferentes).
  • Resumo de experiencia laboral relacionada co ámbito da IoT (de ser o caso).

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

10 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Criterios e procedementos de admisión

O alumnado que solicite a súa admisión no MUIoT debe contar con algunha das seguintes Titulacións Preferentes (incluíndo aqueles títulos con denominacións equivalentes):

  • Enxeñaría Informática
  • Ciencia e Enxeñaría de Datos
  • Intelixencia Artificial
  • Robótica
  • Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
  • Enxeñaría de Telecomunicación

No caso do alumnado que posúa un título diferente, valorarase a súa admisión en función de que poida xustificar que os seus estudos previos conduciron á adquisición dos coñecementos correspondentes ao perfil xenérico dun titulado nun grao relacionado co ámbito das TIC, do cal se espera que teña coñecementos de programación, deseño de algoritmos, redes de ordenadores, protocolos básicos de comunicación entre dispositivos, circuítos electrónicos, así como coñecementos de estatística.

O baremo co que se avaliarán as solicitudes de ingreso basearase nos seguintes aspectos:

  • Expediente académico: 50% da nota. Para alumnos procedentes de titulacións diferentes das Preferentes, o seu expediente académico será dividido entre 2.
  • Experiencia investigadora: 20% da nota.
  • Experiencia laboral: 20% da nota.
  • Outros méritos relacionados co ámbito de IoT: 10% da nota.

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: