Máster Universitario en Visión por Computador

2020/2021 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Este máster está dirixido a estudantes con titulacións universitarias en Matemáticas, Física ou Enxeñaría, que teñan interese en acadar unha especialización en visión por computador

O perfil de admisión recomendado é:

  • Formación matemática polo menos equivalente á impartida nun grao de enxeñaría.
  • Coñecementos de programación (C / C ++, Java, Matlab, Python ou similar).
  • Recoméndase un nivel de inglés equivalente a B2-MCER, aínda que só se require B1.

Requisitos de acceso comúns

Os estudantes deben cumplir os seguintes requistos:

  • Licenciados e graduados en calquera área de cíencias e enxeñería, e enxeñerías técnicas.
  • Adecuación do expediente académico e curriculum vitae ao perfil de acceso recomendado.
  • Acreditación de nivel de inglés mínimo B1-MCER ou equivalente.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

6 prazas ofertadas no curso 2020/2021

Criterios e procedementos de admisión

A maiores da documentación requirida pola UDC, os candidatos deben presentar a seguinte documentación:

  • Acreditación de nivel de inglés equivalente a B1 ou superior.
  • Currículum vitae acreditando os méritos considerados nos criterios de selección.

A admisión de candidatos será priorizada de acordo aos seguintes criterios de selección:

  • Expediente académico (80%)
  • Experiencia laboral no ámbito da visión por computador (preferentemente) e das TIC en xeral (15%)
  • Outros méritos relacionados co ámbito da visión por computador (preferentemente) e das TIC en xeral (5%)
Pode consultar aquí os criterios de selección detallados.

Prazos

Os prazos xerais no curso 2020/2021 son:

Primeiro prazo

  • 1 de abril ao 10 de xullo de 2020: Preinscrición.
  • 27 de xullo ao 2 de agosto de 2020: Matrícula.

Segundo prazo

  • 19 de agosto ao 31 de agosto de 2020: Preinscrición.
  • 14 de setembro ao 20 de setembro de 2020: Matrícula.

Terceiro prazo

  • 25 de setembro ao 1 de outubro de 2020: Preinscrición.
  • 12 de outubro ao 18 de outubro de 2020: Matrícula.

Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:

  • 13 de xaneiro ao 30 de abril de 2020: Preinscrición
  • Primeiro prazo xeral (27 de xullo ao 2 agosto): Matrícula

Os prazos xerais están tamén dispoñibles neste calendario.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: