Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual

2023/2024 · 72 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Recén titulados en estudos de comunicación, graos de perfil artístico ou de xestión (economía, empresa, xurídicos)

Requisitos de acceso comúns

Os requisitos para o acceso ao Máster son, con carácter xeral, os establecidos polo RD 822/2021, do 28 de setembro e cumpre co disposto polo Ministerio, a Comunidade Comunidade Autónoma de Galicia, e o previsto no desenvolvemento regulamentario da Universidade de A A Coruña. O perfil do estudante deste máster inclúe: (1) interese no ámbito da comunicación, tanto nas súas diversas formas como no seu impacto na sociedade, (2) interese polas últimas tendencias e desenvolvementos no campo, xa sexan nos medios tradicionais ou dixitais, (3) capacidade para seleccionar relevantes contido e comprender a importancia de transmitir mensaxes de forma eficaz, e (4) capacidade e interese por coordinar equipos e xestionar os recursos de forma eficiente e creativa.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

30 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Criterios e procedementos de admisión

Para acceder ao máster, os candidatos deberán posuír a titulación oficial: - No ámbito da comunicación: Comunicación Audiovisual, Xornalismo (ou titulacións ou titulacións similares en países estranxeiros), Publicidade e Relacións Públicas. - Nos ámbitos das ciencias sociais, que poden estar relacionados co exercicio profesional do produtor xornalístico ou audiovisual: Dereito; Economía ou similar, e as humanidades (Humanidades, Historia, Filosofía, Filoloxía, Arte ou similares. - Enxeñerías relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación: Informática, Telecomunicacións ou Enxeñaría de Datos. O procedemento de admisión e matrícula dos másteres da UDC descríbese no Regulamento de Xestión Académica que se aproba anualmente. No caso do MPXA a Comisión de Selección estará composta por: - Coordinador de Máster; -Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; - Secretario da Comisión; - 2 profesores de máster - O administrador da Unidade de Xestión Académica da Facultade de Socioloxía e Comunicación UDC. Os baremos de admisión estarán baseados en: - Adecuación da titulación de acceso. A Comisión Académica xulgará a idoneidade dun título que non figure no listado. - Expediente académico. - O currículum vitae completo. Entre outras cuestións, o feito de ter realizado prácticas nalgún medio ou empresa relacionada coa comunicación. - O nivel de inglés acreditado. - Todos aqueles alumnos que acaden un mínimo de 20 puntos pasarán a segunda fase, a entrevista persoal. ● Valoración máxima de 45 puntos en total. ● Valoración dun máximo de 15 puntos polo criterio “entrevista”. ● Valoración dun máximo de 15 puntos polo criterio “currículo”. ● Valoración dun máximo de 10 puntos polo criterio “expediente académico”. ● Valoración dun máximo de 5 puntos polo criterio “inglés acreditado” (A1: 1 punto, A2: 2 puntos, B1: 3 puntos, B2: 4 puntos, C: 5 puntos).

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: