Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde

2023/2024 · 60 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

O perfil investigador do Mestrado, deseñado para formar investigadores polivalentes no campo das ciencias da actividade física e o deporte, estende o abanico de candidatos a titulados universitarios en campos afines á actividade física, o deporte e a saúde. Así mesmo e tendo en conta que o obxectivo do Mestrado é formar para investigar e innovar, búscase un perfil de estudante dinámico, crítico, creativo, con capacidade para resolver problemas cos que non está familiarizado, e que teña unha actitude flexible, que lle permita facelo de forma autónoma, pero tamén mediante o traballo en equipo.

Requisitos de acceso comúns

Os requisitos de acceso ao Máster son os fixados no artigo 16 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, modificado polo Real Decreto 861/2010. 1) Para acceder aos ensinos oficiais de Mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expededir por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster. 2) Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de Mestrado.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

15 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Criterios e procedementos de admisión

As solicitudes de admisión serán valoradas pola comisión académica seguindo os seguintes criterios: - Expediente académico. - Outros méritos académicos e de formación (cursos de posgrado, outras titulaciones, asistencia a cursos, congresos...). - Actividade investigadora (becas de investigación, participación en contratos ou liñas de investigación). - Publicacións (libros, capítulos de libro, artigos, comunicacións a congresos de carácter científico no ámbito. Clasificadas en función do ámbito internacional, nacional, local). - Experiencia profesional (actividade profesional no ámbito). - Outros méritos: idiomas, etc. - Entrevista persoal, si fose necesaria (como complemento ao perfil do aspirante, para valorar as actitudes e coñecementos previos orientados á investigación) Os méritos evaluables que terá en conta a comisión son os fixados nos reglamentos da Universidade de Vigo e que establece como méritos preferentes o expediente académico e os establecidos nesta proposta. Outro mérito evaluable é a competencia lingüística en inglés correctamente acreditada polo estudante. A experiencia profesional e outros méritos relacionados coa innovación continua, ou que reflictan as habilidades do candidato para esta actividade. Calquera dúbida sobre o currículum ou as habilidades dos candidatos resolverase a través dunha entrevista.

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: