Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

2023/2024 · 120 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Alumnado que superase un grao en Enxeñaría Industrial que cumpra a Orde CIN/351/2009 (BOE n.º 44, do 20 de febreiro de 2009). A modo de exemplo:

  • Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais.
  • Grao en Enxeñería Mecánica •Grao en Enxeñería Eléctrica.
  • Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática.
  • Grao en Enxeñería Química.

Requisitos de acceso comúns

As vías de acceso a este Máster son as establecidas na Orde CIN/311/2009 do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial (BOE do 18 de febreiro de 2009):

Por tanto, poderán acceder a este mestrado:

  • Os graduados que adquirisen as competencias que se recollen na epígrafe 3 da Orde CIN/351/2009 cunha formación acorde co que se establece na epígrafe 5 da mesma orde.
  • Os graduados que acrediten ter cursado o módulo de formación básica, o módulo común á rama e 48 créditos dos bloques de tecnoloxía específica establecidos na mesma orde.
  • Quen estea en posesión de calquera outro título de grao sen prexuízo de que neste caso establézanse os complementos de formación previa que se estimen necesarios.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

40 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Criterios e procedementos de admisión

O baremo para empregar para valorar as solicitudes calcularase coa fórmula: nota media do alumno no seu expediente académico de Grao dividida entre a nota media da súa promoción de Grao. A nota media calcularase segundo o establecido no Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro. Se a comisión de selección non tivese acceso á nota media da promoción do alumno, empregará a información sobre notas medias ISCED por ámbito de estudo e Universidade publicada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Finalizada a baremación, as comisións de selección elaborarán dúas listas provisionais de persoas admitidas e excluídas en que se especificará o motivo da exclusión, se é o caso. A lista de admitidos distinguirá as solicitudes de admisión en curso completo e as solicitudes de admisión por módulos ou por materias.

A información sobre o procedemento de admisión publicaranse na web do centro: http://eps.udc.es.

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: