O grao en Ciencias da Actividade Fisica e o Deporte na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Fisica da Universidade da Coruña aporta a formación necesaria para comprender o obxecto de estudo das ciencias da actividade física e do deporte; adquirindo a formación científica básica sobre as súas manifestacións, factores, efectos, estructuras, etc, que permita planificar, desenvolver e avaliar as intervencións profesionáis nos diferentes ámbitos relacionados coa actividad física o deporte e a educación física. A distribución do seu plano de estudos comprende una formación agrupada en materias de formación básica, obrigatoria e optativas, xunto con una materia de prácticas externas e o traballo de fin de grao. Esta formación ate a unha serie de coñecementos relacionados coas manifestacións da motricidad humán e os fundamentos dos deportes, a educación e a enseñanza da actividade física e o deporte, psicología , socioloxía, as ciencias da saúde, o etnrenamento e o rendimiento deportivo, a saude e calidade de vida, así como a dirección e a xestión deportiva, entre outros.
O estudo está en proceso de extinciónO estudo renovou a sua acreditación o mércores, 8 de xullo de 2015.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
0 |
En relación aos motivos polos que desenvolver a formación no Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte na UDC podemos destacar os seguintes: A participación nun proceso formativo de calidade co respaldo da certificación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) do Certificado de Implantación do Sistema Interno de Garantía de Calidade da Facultade, así como da acreditación do título de Grao en Ciencias da Actividad Física e o Deporte, e do Master Interuniversitario en Investigación en Actividades Física, Deporte e Saúde. A cualificación ducha plantilla de profesorado acreditada e especializada nas materias e asignaturas do grao. A formación polivalente de cara a integración profesional nos diferentes ámbitos e adaptación ao contexto en constante cambio no escenario da actividade física e o deporte. A disponibilidade de 45 convenios de intercambio ERASMUS e Bilaterais, con total de más de 100 plazas de formación en mobilidade, así como na mobilidade nacional dentro do programa SICUE A posibilidades de continuar os estudos e formación a través dos programas de Master Interuniversitario en Investigación en Actividades Física, Deporte e Saúde, igualmente acreditado pola ACXUGA; e de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educacioìn Fiìsica e Actividade Fiìsica Saudable, verificado pola mesma entidade A oportunidad de beneficiarse das actividades da Cátedra SXD Galicia Activa, co gallo de contribuír á formación de profesionais cualificados para incrementar os estilos de vida fisicamente activos, e fomentar a investigación e transmisión de coñecementos en materia de actividade e exercicio físico como instrumento para a prevención das enfermidades crónicas non transmisibles e dos seus factores de risco. A disponibilidad de instalacións adicadas específicamente a formación e investigación das ciencias da actividade física e o deporte.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 22/06/2009 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 06/08/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 07/08/2014 |