Logo da Universidade da Coruña

Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos

2019/2020 · 240 créditos

Introdución

A creación dixital constitúe unha das marcas características dos contidos audiovisuais dos últimos anos. O uso dos gráficos por computador para a recreación de elementos, contornas e situacións imposibles ou moi difíciles de reproducir no mundo real, permitiu desde hai poucas décadas un avance sen precedentes nas posibilidades expresivas da industria dos contidos.

Trátase dun campo intrinsecamente multidisciplinar. Na creación dixital intervén o talento artístico, a capacidade narrativa, o enxeño técnico e empuxe empresarial. Todo traballo audiovisual desenvolto dentro deste sector, require para a súa produción dose moi importantes destes aspectos e non pode entenderse sen algún deles.

A creación dixital maniféstase en múltiples ámbitos do audiovisual, desde os efectos visuais ata a arte electrónica. De todos eles, esta titulación incidirá especialmente en dúas: na animación e nos videoxogos. Ambos se orixinan na achega da tecnoloxía informática, e en particular dos Gráficos por Computador, á industria dos contidos audiovisuais. Por iso este grao combina os dous campos, seguindo a tendencia unificadora da industria.

O estudo está pendente de verificación

 

Prazas ofertadas para o curso 2019/2020
50

Por que estudar a titulación

Este grao dotará aos seus egresados dunha formación completa, xeneralista e multidisciplinar, que permita coñecer en profundidade todo o proceso de desenvolvemento, e en consecuencia poder abordar desde a súa concepción ata a súa implementación final e comercialización calquera proxecto de creación dixital nos campos da animación e os videoxogos.

A súa educación nas facetas artística, narrativa, técnica e de produción, permitiralles expandir as súas capacidades e talento en calquera desas liñas, á vez que lles dotará dunha linguaxe común para relacionarse con especialistas destes sectores, para desenvolver a actividade profesional tanto como membros dun equipo de traballo como nunha faceta de tipo emprendedor, impulsando novos proxectos empresariais deste sector

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2019/2020