O grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece a formación que precisan os profesionais da lingua inglesa e das literaturas e culturas anglófonas.
Proporciona o dominio da lingua inglesa e unha ampla perspectiva das literaturas en inglés e das correntes lingüísticas e da ciencia literaria aplicadas a esta lingua. Os dous primeiros cursos son comúns cos restantes títulos de grao en Filoloxía.
Ademais, permite a adquisición de coñecementos avanzados das linguas e literaturas española e galega, así como o coñecemento práctico doutras linguas (francés, italiano, portugués, alemán).
Titulación oficial de grao, de 240 créditos cursados en 4 cursos, publicada no BOE de 5/1/2010 e verificada. Sistema de garantía de calidade acreditado pola ACSUG no programa Fides-Audit.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 11 de xullo de 2017.
|
Prazas ofertadas para o curso 2026 |
100 |
| Curso de comezo | 2023 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 29/06/2009 |
| Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
| Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
| Data autorización Consello de Ministros | 30/10/2009 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
| Data publicación plan estudos DOG | 14/05/2010 |
| Data publicación plan estudos BOE | 26/04/2010 |