Logo da Universidade da Coruña

Grao en Dereito

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

Na Facultade de Dereito coruñesa vénse impartindo a titulación de Dereito dende hai trinta anos. O que supón que se graduaron máis de 4.500 alumnos.

O Grao en Dereito como título oficial vense impartindo na Facultade de Dereito dende hai sete anos, de maneira que no curso presente 2016-2017 se graduará a quinta promoción.

O Grao en Dereito articúlase en catro cursos -240 créditos ECTS- e, á súa vez, cada curso en materias cuadrimestrais. Cunha media de cinco materias en cada cuadrimestre.

Dende o curso 2013-2014 poden cursarse, con carácter voluntario, determinadas materias

do Grao en Dereito, íntegramente en inglés o que lles permitirá, por exemplo cursar unha dobre titulación cunha Universidade inglesa .

A media de alumnos por grupo é de 60 para as clases teóricas e de 20 para as prácticas.

A nota de corte no curso 2016-2017 para o Grao en Dereito (soamente se ofertan 120 prazas) situouse nun 7,47.

A nota de corte no curso 2016-2017 para a simultaneidade do Grao en Dereito + ADE (soamente se ofertan 60 prazas) situouse nun 10,132.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

Nunha facultade de Dereito é onde se forman os xuristas (avogados, xuíces, fiscais etc.). O seu labor principal é interpretar e aplicar a lei, así como representar e defender os cidadáns ante os conflitos que se lles formularen .

Se te rebelas ante as inxustizas, se soñas con defender os máis desprotexidos ou con aplicar a xustiza como xuíz ou fiscal pode que esta sexa a túa profesión.

Para iso terás que estudar a carreira de Dereito.

Podes visitar a nosa páxina web .

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 22/06/2008
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 11/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010