O Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica é un ciclo oficial de estudos de duración anual cuxo fin é ofrecer unha formación avanzada nos ámbitos da inspección e intervención no patrimonio construído. O tema reviste o máximo interese no marco socioeconómico actual, que derivou nunha drástica redución redución na construción de obras de nova planta e unha tendencia sostida de demanda en tarefas de inspección técnica e conservación e o incremento de obras vinculadas á reforma, rehabilitación e restauración de edificacións, máis en consonancia cos aliñamentos europeos da arquitectura das últimas décadas.
En todo tipo de foros vénse recoñecendo a importancia estratéxica da rehabilitación polo que respecta á necesaria conservación do patrimonio, pero tamén pola súa adecuación ás crecentes esixencias en ámbitos como a accesibilidade, a habitabilidade ou a eficiencia enerxética. As competencias profesionais necesarias neste escenario requiren unha ampla intensificación formativa acorde, por outro lado, coas pautas de aprendizaxe e actualización continuos que as sociedades requiren dos seus profesionais.
En consecuencia, o presente mestrado trata un amplo espectro de temas vinculados ao ámbito da rehabilitación arquitectónica, incluíndo tanto os aspectos de índole conceptual como os de carácter estritamente técnico para formar expertos especialistas nun campo cunha crecente demanda.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o venres, 19 de xullo de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
20 |
Motivacións de índole profesional: o Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica ofrece unha formación teórico-práctica avanzada nos ámbitos da xestión do patrimonio construído, a inspección técnica das edificacións, e a súa posible conservación e rehabilitación, de acordo cun enfoque multidisciplinar de elevada especialización. Pretende, así, formar expertos na área, capaces de dar resposta á reestruturación do sector e aos obxectivos estratéxicos contemporáneos de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas, acordes, por outro lado, coa actual dinámica europea. Á luz destas consideracións faise patente o propósito de favorecer maiores índices de empregabilidade entre o alumnado. Motivacións de índole formativa: o programa brinda unha notable intensificación de contidos no seu ámbito temático, desenvolvida por un profesorado cunha dilatada experiencia docente e profesional. Adicionalmente, no Mestrado desenvólvense competencias na vertente investigadora, o cal constitúe, por tanto, unha vía eficaz á hora de se iniciar nesta.
Data última modificación/verificación ACSUG | 08/05/2022 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/05/2011 |
Data publicación plan estudos DOG | 05/04/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 06/04/2023 |