Logo da Universidade da Coruña

Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión

2018/2019 · 90 créditos

Introdución

Un máster interuniversitario que cubre todos os aspectos relacionados coa biodiversidade terrestre, centrado en proporcionar ferramentas de traballo a futuros profesionais ou investigadores. Dividido en catro módulos (instrumental, caracterización, conservación e xestión) seguidos de prácticas externas en empresas ou centros de investigación e un traballo de fin de máster, pretende proporcionar coñecementos básicos para un bo desempeño profesional e investigador no ámbito do medio ambiente.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.481€
Prazas ofertadas para o curso 2018/2019
10

Por que estudar a titulación

Este é o único máster no sistema universitario de Galicia no campo da biodiversidade terrestre. O máster é eminentemente práctico, e orientado á inserción laboral e á investigación.