Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Edificación Sostible

2017/2018 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Edificación Sustentable (MUES) é un ciclo oficial de estudos de un ano de duración cuxo fin é formar a profesionais nos ámbitos da sustentabilidade.

A temática a desenvolver conta na actualidade con grande interese debido á entrada en vigor de diversas normativas nacionais e europeas, como o marco Horizonte 2020, que condicionan o futuro das novas edificacións.

A partir de 2020 será obrigatorio que todos os edificios de obra nova sexan de consumo enerxético case nulo, por isto ol Mestrado ten como obxectivo a formación de profesionais cualificados e especializados que cubran dita necesidade.

Os contidos formativos, con unha carga práctica significativa, están orientados a dotar de competencias profesionais ao alumno para dar resposta á demanda actual e futura de expertos en sustentabilidade.

Este ciclo superior de estudos promove tamén o inicio da carreira investigadora, dirixíndoa cara o doutoramento en materias relacionadas coa edificación sustentable, de máxima actualidade.

O Plan de estudos inclúe 3 especialidades:

  • Certificación da sustentabilidade na edificación
  • Certificación da verificación estrutural
  • Auditoría e certificación enerxética na edificación

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.481€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
20

Por que estudar a titulación

Saídas profesionais

O Mestrado terá unha orientación mixta, profesional e investigadora, camiño necesario para incrementar o aporte de coñecemento ao sector da edificación.

Unha das finalidades do Mestrado é formar profesionais da Edificación especializados capaces de levar a cabo os obxectivos de converxencia prantexados nas directivas europeas máis recentes para o crecemento sustentable (Horizonte 2020) e recollidos no Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética do Estado español, que xerarán unha grande demanda de profesionais especializados.

Ademais, este Mestrado tamén abrirá a posibilidade de crear grupos e centros de investigación, ligados ou non á xeración de teses de doutoramento.

Tamén, a posibilidade de realizar Prácticas Externas Extracurriculares como complemento á formación práctica e medida de apoio á orientación profesional e empregabilidade, permitirá ao alumno alcanzar un mellor contacto coa realidade laboral do sector.

Especialización

A implantación de sistemas de certificación de sustentabilidade como Breeam, Leed, Verde ou Passivhaus, son algunhas das ferramentas que este Mestrado promove co fin de propoñer a necesaria reconversión do sector da edificación e facer fronte ao reto da sustentabilidade. Isto fomentará o uso de novas ferramentas informáticas que enriquecerán a formación e desenvolvemento dos alumnos nos distintos sectores profesionais.

Multidisciplinariedade

Contar con alumnado e profesorado procedentes de distintos ámbitos profesionais fomentará o coñecemento desde outros puntos de vista, creando unha visión máis completa da importancia da sustentabilidade nas súas múltiples vertentes.

 Folleto informativo