Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

2016/2017 · 120 créditos

Introdución

Esta titulación foi avaliada positivamente pola ACSUG o día 20 de Xuño de 2014 e verificada o día 25 de Xullo de 2014. Implantarase no curso 2014-2015.

O Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos é unha adaptación e mellora dos últimos cursos da anterior titulación de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. O Máster en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos xunto co Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil remplazan a anterior titulación de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos que se imparte na Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos desde a súa fundación en 1991 ata a actualidade.

Contacta con nós en:

Tel. 981167000 extensión 1440

Máis información

O estudo foi avaliado favorablemente pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia o 20/06/2014 e Verificado o 25/07/2014. Implantarase no curso 2014/2015.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

O Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos proporciona (xunto co Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil ) unha formación físico matemática sólida e rigorosa na que se sustenta unha formación avanzada de tipo técnico e tecnolóxico dos múltiples eidos da Enxeñería Civil. Este título de Máster proporciona as competencias profesionais da profesión regulada de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos en España e acredita o Nivel 7 (Máster) de formación a nivel europeo e o nivel de Máster no ámbito internacional. Así este Máster habilita para acceder á profesión regrada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos en España; unha profesión plenamente vixente e con máis de 200 anos de antigüidade directamente ligada ao sector da Enxeñería Civil, que é un dos principais motores da economía española e un referente tanto a nivel nacional como internacional do desenvolvemento tecnolóxico e empresarial español. Así, tanto as empresas relacionadas co sector da Enxeñería Civil coma os Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos que conforman os seus cadros de persoal consagráronse como referentes a nivel nacional e internacional tanto no ámbito da Enxeñería Civil coma noutros moitos.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Data publicación BOE de carácter oficial 29/12/2014
Data publicación plan estudos DOG 26/08/2015
Data publicación plan estudos BOE 18/08/2015