Logo da Universidade da Coruña

Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

2019/2020 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (MIEIA), organizado conxuntamente pola Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (Uvigo), é un programa acreditado que cumpre cos altos estándares de excelencia do sistema europeo de educación superior.

O mestrado consta tanto de formación presencial como de formación en liña: cada materia (3 créditos ECTS) está composta por 14 horas lectivas presenciais e 7 horas en liña. En conxunto desenvolve un programa de 60 créditos ECTS durante un curso académico.

As clases lévanse a cabo en cada unha das tres universidades participantes, de modo que o estudantado pode escoller a localidade e o horario que mellor se adapte as súas necesidades e intereses.

O estudo está pendente de verificación

 

Prazas ofertadas para o curso 2019/2020
10

Por que estudar a titulación

O MIEIA prepara os estudantes para os esixentes estándares do mercado de traballo internacional e ofrece formación avanzada nas materias básicas da lingua e da lingüística inglesa, así como da literatura e da cultura angloamericana.

Tamén proporciona a oportunidade de adquirir experiencia práctica, tanto na realización de investigación en lingüística e literatura como na aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.

O programa inclúe un módulo de prácticas que ofrece unha oportunidade única de traballar en empresas e institucións externas coas cales as universidades estableceron acordos de colaboración.

O MIEIA tamén permite comezar a traballar nun doutoramento, xa que proporciona os cursos preparatorios necesarios para a redacción dunha tese. O mestrado constitúe o requisito para a admisión no Programa Interuniversitario de Doutoramento en Estudos Avanzados en Inglés: Lingüística, Literatura e Cultura, tamén organizado conxuntamente pola USC, a UDC e a Uvigo.

.

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Santiago de Compostela
  • A Coruña
  • Vigo