A UDC presenta o Mestrado Universitario en Banca e Finanzas da UDC con validez en todo o territorio español. O programa estrutúrase nun curso de 60 créditos ECTS , en que todas as materias son cuadrimestrais. O obxectivo xeral do Mestrado en Banca e Finanzas é proporcionar unha formación académica avanzada no ámbito financeiro que lles permita aos estudantes converterse en futuros profesionais polivalentes con elevada cualificación técnica e capacidade de xestión. Tamén se persegue que sexan capaces de aplicar os coñecementos á práctica cun espírito crítico e creativo, e que, a través do estímulo da cultura do risco e a iniciativa nas ideas e os razoamentos, consigan adaptarse no futuro dun xeito flexible a novas situacións; esixencia esta ineludible no contorno empresarial actual, complexo e permanentemente cambiante.
Visita súa páxina web:
Mestrado Universitario en Banca e FinanzasO estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
30 |
O Mestrado en Banca e Finanzas é un completo programa que persegue proporcionar unha formación financeira avanzada e actual concibida para satisfacer a demanda dun sector esixente e en continua expansión.
Con este mestrado facilítase a inserción laboral dos estudantes, ao formalos e adestralos para que se convertan en profesionais polivalentes con capacidade de xestión e elevada cualificación técnica.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 29/07/2009 |
Data autorización Consello Xunta | 13/03/2008 |
Data publicación autorización DOG | 28/03/2008 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/05/2011 |
Data publicación plan estudos BOE | 18/01/2012 |