Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento

2022/2023

Garantía de calidade

A EIUDC dispón dun Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC), de acordo cos Criterios e Directrices de Garantía de Calidade do EEES, aplicable a todos os programas de doutoramento verificados de acordo co Real Decreto 99/2011 impartidos na UDC. Se precisas máis información, podes consultar a documentación relativa ao SGIC da EIDUDC(Normativa para a implantación e o desenvolvemento do SGIC da EIDUDC nos programas oficiais de doutoramento verificados polo RD 99/2011; Manual do SGIC da EIDUDC; e Procedementos do SGIC da EIDUDC).

Os procedementos do SGIC establecen quen e como debe realizar o seguimento e a supervisión dos resultados e do proceso de aprendizaxe do estudante na titulación, establecendo os órganos e mecanismos de coordinación, avaliación e mellora continua dos estudos, que son:

Comisión Académica do Programa de Doutoramento: é o órgano colexiado responsable da coordinación académica dos programas de doutoramento. Toma as decisións académicas relativas ao título e os seus estudantes. Establece as directrices e o marco de actuación do/a coordinador/a do título e de todas as persoas implicadas na titulación. Todos os programas de doutoramento verificados de acordo co Real Decreto 99/2011 e impartidos na UDC, incluídos os programas interuniversitarios non coordinados pola UDC, dispoñen dun coordinador do programa na UDC.

Comisión da Garantía de Calidade (CGC) da EIDUDC: é o órgano que participa nas tarefas de planificación e de seguimento do SGIC e dos títulos do centro, actuando ademais como un dos vehículos de comunicación interna da política, os obxectivos, os plans, os programas e as responsabilidades do centro. É a responsable de realizar os informes anuais de seguimento. Esta función é asumida pola Comisión Permanente da EIUDC.

Resultados

O Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC) da EIDUDC establece o modo no que as Comisións Académicas dos programas de doutoramento que se imparten na UDC miden e analizan os resultados da aprendizaxe. Para iso, o SGIC utiliza taxas e indicadores globais que permiten avaliar cada curso académico a calidade da formación. Inclúense entre os resultado obtidos o número de teses defendidas e as que recibiron a mención internacional, e as taxas de éxito (número de teses realizadas en 3 ou 4 anos), de graduación e de abandono e duración media da tese de doutoramento.

Asegurando a calidade

Para asegurar que o título se desenvolve de acordo coa memoria de verificación presentada o centro realiza anualmente un informe de seguimento de acordo cos procedementos do SGIC do centro e os resultados obtidos. Este informe é revisado por a ACSUG, axencia externa de avaliación.

Do resultado desta análise desprenderanse as accións correctivas e propostas de mellora que permitan alcanzar os obxectivos previstos e a mellora da titulación.

Comisións

Para garantir a calidade, crearase unha comisión de xestión académica específica do programa.

Piñeiro Aguín, Isabel
Coordinadora
García De La Torre, María del Pilar
Vogal PDI
Martínez Buján, Raquel
Vogal PDI

publicacións

Esta é unha mostra da produción científica dos estudantes do programa de doutoramento co fin de orientar a futuros estudantes interesados neste programa. En ningún caso debe considerarse unha listaxe completa e exhaustiva de toda a produción científica dos estudantes. A información é introducida polos propios doutorandos de forma relativamente desestruturada pero foi revisada e validada pola comisión académica.

Artigos en revistas internacionais
Artigo publicado na revista AICA “Liderança Colaborativa: Implicações para a Inovação, Desempenho das Equipas de Trabalho e Investigação Científica”. Jacinto Jardim, Elisete Martins, Leonel Curado, Mónica Cardoso e Manuela Teixeira
Artigo em revisão resultado do Mestrado em Gerontologia Social intitulado “Intimidade e Sexualidade na Velhice: Percepções dos Diretores Técnicos da ERPI e sua Relação com o Desenvolvimento de Soft Skills” para voltar a submissão no Journal of Gerontology: Social Sciences JGSS-2023-240. Manuela Teixeira, Jacinto Jardim e Cidalina Almeida