Grao en Enxeñaría Eléctrica

2019/2020 · 240 créditos

Que se aprende

Estudarás en primeiro lugar a base científica e técnica común a todo enxeñeiro, para continuar con coñecementos da rama industrial e finalmente, cursar as materias da especialidade eléctrica. No cuarto curso ofértanse dúas opcións: un Módulo Transversal de Formación Académica, no que se afonda en contidos de Tecnoloxía Eléctrica e un Módulo Transversal de Formación Dual, ambos cunha duración de 60 ECTS.

Se optas pola Formación Dual integrarás os coñecementos adquiridos no contexto académico e profesional, competencias que te prepararán para o exercicio da actividade profesional e facilitarán a túa empleabilidade. Ademais, este tipo de formación posibilita que as empresas participen na selección do estudantado para formalos segundo as súas necesidades e incorporalos progresivamente aos seus organigramas. A formación actualizarase en tempo real para responder á demanda das empresas.

O módulo de Formación Académica permitirache afondar na especialización en Tecnoloxía Eléctrica, adquirindo deste xeito, unha capacitación profesional ligada directamente a sectores estratéxicos da Comunidade Galega, como son o industrial e o enerxético.

Cabe reiterar neste aspecto, tanto a gran demanda actual de titulados de Grao en Enxeñaría Eléctrica, como a previsión de futuro recollida en diversos estudos, nos que se sitúa a estes profesionais como un dos perfís máis buscados no mercado laboral para os próximos anos.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

Adquirirás coñecementos e saber facer que te permitirán acceder a postos de traballo e perfís moi variados como poden ser: proxectos e dirección de obra, mantemento, organización industrial e da produción, asistencia técnica e/o comercial, xestión de compras e aprovisionamentos, calidade e medio ambiente, asesoría e consultoría, seguridade e saúde, ou Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Podemos atopar enxeñeiros en sectores tan diversos como o sanitario, servicios, docente, xestión, I+D+i, produción ou administracións públicas.

Saídas profesionais e académicas

Ademais de nos sectores clásicos de xeración e transporte de enerxía eléctrica (deseño de centrais enerxéticas, parques eólicos, enerxía solar, subestacións, centros de transformación….) e do deseño de instalacións, poderás traballar aplicando os novos avances científicos e tecnolóxicos para a implantación no noso sistema enerxético das novas tecnoloxías das redes intelixentes, (Smart Grid), en novos sistemas de mobilidade e transporte con vehículos e infraestruturas eléctricas, no deseño e concepción dos novos conceptos de cidade eficiente e intelixente (Smart City), e en definitiva, na nova concepción do sistema enerxético eléctrico como soporte fundamental do novo escenario enerxético, eficiente, intelixente, seguro, (Smart Energy).

Empresas e institucións colaboradoras

A Escola Universitaria Politécnica dispón de convenios de colaboración educativa con máis de 80 empresas, entre as que se atopan: ALCOA, ENDESA GENERACIÓN S.A., FERROVIAL, GAMESA, GAS NATURAL SDG S.A., NAVANTIA, RED ELÉCTRICA, REGANOSA…

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Xestión Empresarial Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Álxebra Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Ciencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecuacións Diferenciais Formación básica 6 ECTS
Termodinámica Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electricidade Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Medioambiental Obrigatorio 6 ECTS
Teoría de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxías de Fabricación Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Automática Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Instalacións Eléctricas en Baixa Tensión Obrigatorio 6 ECTS
Circuítos Eléctricos de Potencia Obrigatorio 6 ECTS
Centrais Eléctricas Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións de Enerxías Renovables Obrigatorio 6 ECTS
Máquinas Eléctricas Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión Obrigatorio 6 ECTS
Automatización Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica de Potencia Obrigatorio 6 ECTS
Transporte de Enerxía Eléctrica Obrigatorio 6 ECTS
Accionamiento de Máquinas Eléctricas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Economía, Empresa, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A Escola mantén convenios de intercambio con universidades e institucións de educación superior de toda Europa. Cada ano publícanse varias convocatorias de mobilidade para que poidas cursar parte dos teus estudos nunha delas, obtendo pleno recoñecemento académico no teu expediente.