Logo da Universidade da Coruña

Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación

2019/2020 · 240 créditos

Que se aprende

O plan de estudos parte dun enfoque multidisciplinar no que as tecnoloxías da información (ferramentas, técnicas, instrumentos e procedementos de análise informáticos e tecnolóxicos imprescindibles no mundo actual) non só forman unha base transversal sobre a que se apoian as restantes materias, senón que ademais se introducen nos contenidos de todas as materias para complementar a formación do alumnado e garantir unha formación actualizada, competitiva, especializada e adaptada á nosa sociedade e ao actual mercado laboral.

Todos os cursos do plan de estudios incluen talleres de habilidades informacionais que permiten o aprendizaxe directo por parte dos profesionales e emprendedores do mundo da xestión da información e da documentación, así como visitas a empresas e institucións relacionadas.

Sobre esta base, o eixe central o forman materias de información e documentación que proporcionan formación no relativo aos procedementos de produción, organización, recuperación, avaliación e preservación da información e da documentación dixital e dixitalizada. Finalmente, a formación se complementa con materias de coñecementos fundamentais que proporcionan o enfoque multidisciplinar imprescindible cunha orientación profundamente práctica, así como materias de coñecementos complementarios que permiten achegar o alumnado ás problemáticas do mundo real xunto coas técnicas e tecnoloxías que permiten darlle solución.

O plan de estudos contempla a posibilidade de que os alumnos seleccionen entre dous itinerarios de intensificación curricular constituídos cada un deles por catro materias obrigatorias (24 créditos en total):

  • Mención en Biblioteconomía e Arquivística. Enfocada a xestión das institucións encargadas da custodia, clasificación, recuperación, preservación e difusión da información e a documentación: arquivos, bibliotecas e centros de documentación, tanto públicos como privados, así como os servicios e departamentos da información e documentación de empresas e organizacións.
  • Mención en Información para a Ciencia e a Tecnoloxía. Centrada na utilización das TIC para dar soporte aos procesos de xestión da información como a recuperación da información en sistemas de información, a publicación de información na Web, a creación de contidos dixitais, e a publicación de información de forma interoperable mediante linguaxes de descrición da información dixital.

Tamén é posible optar por non realizar ningunha especialización y seleccionar oito materias optativas calquera.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

  • Analista de datos e arquitecto da información
  • Xestor de contidos e comunidades dixitais
  • Técnico de intelixencia empresarial e competitiva
  • Responsable de centro de documentación, arquivo ou biblioteca

Saídas profesionais e académicas

  • Empresas de análise e xestión de datos, creación de contidos editoriais, márketing dixital, e calquera empresa que realice xestión de contidos dixitais (community management, social media management, content management)
  • Centros de documentación (editoriais, hospitais, medios de comunicación, asesorías e consultarías legais)
  • Arquivos (administración pública, organismos privados e empresas)
  • Bibliotecas (públicas, universitarias, especializadas)

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos da Información e a Documentación Formación básica 6 ECTS
Informática para o Tratamento e Xestión da Información Formación básica 6 ECTS
Historia da Cultura Formación básica 6 ECTS
Mundo Contemporáneo e Globalización Formación básica 6 ECTS
Socioloxía na Era da Información Formación básica 6 ECTS
Fontes de Información e Recursos Dixitais Obrigatorio 6 ECTS
Organización e Xestión do Coñecemento Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas de Información para a Xestión Documental Formación básica 6 ECTS
Fundamentos Estatísticos Formación básica 6 ECTS
Sistema do Coñecemento: Filosofía, Ciencia e Tecnoloxía Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
  Guía Carácter Cuadr. créditos
  Guía Carácter Cuadr. créditos

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.