Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria

2017/2018 · 120 créditos

Competencias xenéricas

- CX1: Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e en programas de intervención en contextos sociais problemáticos.

- CX2: Formular unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculado aos feitos sociais sobre os que se traballa.

- CX3: Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e situacións de exclusión social.

- CX4: Dirixir e coordinar equipos de investigación e profesionais de carácter multidisciplinar que traballen nos principais ámbitos da exclusión social.

- CX5: Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.

- CX6: Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas para as preguntas e obxectivos específicos expostos sobre a realidade social e as políticas sociais.

- CX7: Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.

- CX8: Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.

- CX9: Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.

- CX10: Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.

Competencias específicas

- CE1: Determinar as dimensións e categorías adecuadas para o diagnóstico e análise científico das situacións de exclusión social.

- CE2: Interpretar os feitos e políticas sociais desde as distintos paradigmas teóricos vixentes para a análise da exclusión.

- CE3: Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e sistemas de benestar social.

- CE4: Solicitar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e factores de vulnerabilidade social.

- CE5: Interpretar as situacións e procesos de marginalización social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macro estrutural.

- CE6: Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.

- CE7: Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.

- CE8: Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseño de medidas para a súa potenciación.

Competencias específicas para o módulo migraciones:

- CEM1: Demostrar coñecementos avanzados sobre os principais movementos migratorios ao longo da historia e a súa relación con procesos de conflitividade e de cohesión social nas sociedades de orixe e destino.

- CEM2: Dominar as principais ferramentas conceptuais e técnicas que permiten definir un colectivo e problemática migratoria como obxecto de estudo e análise.

- CEM3: Demostrar un coñecemento avanzado e crítico sobre as principais teorías e debates académicos actuais ao redor das dinámicas migratorias e aos procesos de integración dos colectivos migrantes.

- CEM4: Explicar os principios básicos que orientan os distintos tipos de políticas migratorias existentes, e a análise da súa eficacia e o deseño e xestión das mesmas.

- CEM5: Explicar os principios básicos que rexen a co

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O mestrado mantén unha doble vocación: a formación especializada no ámbito académico-científico – alumnado que quera facer carreira académica -, e de investigador-profesional no ámbito das políticas sociais e os procesos de exclusión e desigualdade social - principalmente Administracións Públicas e do Terceiro sector-, de forma que se responda á necesidade social de especialistas universitarios/as cunha sólida formación para a investigación neste ámbito.

Planificación do ensino

A modalidade de ensino poderá ser presencial ou virtual.

Esta titulación dispón de guía docente

Os estudos de mestrado se organizan por módulos: 3 módulos:

- Módulo teórico (TCO.);

- Módulo metodolóxico (MET.) e

- Módulo de TFM e prácticas externas (PRACT.).

Hai dous tipos de asignaturas:

- Obrigatorias (OB.)

- Optativas (OP.)

Ademáis hai tres especialidades:

- Módulo optativo de Migracións (especialidade 1);

- Módulo optativo de Xénero (especialidade 2);

- Módulo optativo de Envellecemento e transformacións familiares (especialidade 3).

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Final de Mestrado (TFM) Obrigatorio 12 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.