Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria

2016/2017 · 120 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

- Dirixido aos xa graduados/as e/ou licenciados/as, inseridos/as no mercado laboral non só na Comunidade Autónoma de Galicia, senón de calquera outro lugar de España ou outro país (pensamos especialmente noutros países europeos e en América Latina), grazas ás facilidades que supón o uso da modalidade a distancia na docencia do noso máster, que facilita a compatibilidade co desempeño de actividades laborais e/ou responsabilidades familiares, pero tamén suaviza as barreiras xeográficas.

- Dirixido aos recentemente graduados/as, non só de calquera das universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), senón tamén do resto de España ou outros países (europeos e latinoamericanos, especialmente). Non existe actualmente na nosa Comunidade Autónoma ningún máster oficial que permita lograr obter coñecementos especializados en políticas sociais e exclusión social. En consecuencia, tras cursar o noso máster, as posibilidades laborais multiplícanse para calquera postgraduado/a.

Posgraduados en titulacións da rama das Ciencias Sociais (Socioloxía, Ciencias Políticas, Traballo Social, Educación Social, Psicoloxía, Economía, Ciencias da Información...) que queiran especializarse no estudo e análise das migracións internacionais.

Requisitos de acceso comúns

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

35 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Criterios e procedementos de admisión

Prazos

Os prazos xerais no curso 2016/2017 son:

Primeiro prazo

  • 23 de xuño ao 13 de xullo de 2016: Preinscrición.
  • 1 de agosto ao 10 de agosto de 2016: Matrícula.

Segundo prazo

  • 22 de agosto ao 31 de agosto de 2016: Preinscrición.
  • 15 de setembro ao 20 de setembro de 2016: Matrícula.

Terceiro prazo

  • 22 de setembro ao 30 de setembro de 2016: Preinscrición.
  • 11 de outubro ao 20 de outubro de 2016: Matrícula.

Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:

  • 16 de xaneiro ao 18 de abril de 2017: Preinscrición
  • Primeiro prazo xeral (a determinar): Matrícula

Os prazos están tamén dispoñibles neste calendario.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: