O Grao en Enxeñaría Eléctrica habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial (Orde CIN/351/2009).
Primeiro grao con formación dual en Galicia: terás a posibilidade de cursar un itinerario de formación dual de 60 ECTS correspondentes ao cuarto curso, que se desenvolve por completo na empresa.
Ademais das saídas profesionais, dende a adaptación dos títulos ao Espazo Europeo de Educación Superior, este grao permite o acceso directo, entre outros, ao Mestrado de Enxeñaría Industrial (Orde CIN/311/2009), titulación académica que habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Industrial.
O estudo está verificado e pendente de publicaciónO estudo renovou a sua acreditación o mércores, 20 de xullo de 2016.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.463€ |
Prazas ofertadas para o curso 2019/2020 |
50 |
Enxeñeiro Eléctrico: un dos perfís máis buscados polas empresas en enxeñaría e industria. Unha profesión cun amplo espectro de saídas profesionais, versátil e multidisciplinar.
A Formación Dual é a combinación ideal entre estudar e traballar.
Estudiarás nunha escola de longa tradición formativa e de investigación en enxeñaría, con grupos reducidos que permiten unha atención personalizada e horarios optimizados ao estudante.
Web da E.U.P.Curso de comezo | 2010/2011 |
Data autorización Consello Xunta | 11/11/2010 |
Data publicación autorización DOG | 17/11/2010 |