Grao aberto en Enxeñaría Industrial

2022/2023 · 60 créditos

Introdución

A Universidade da Coruña, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un estudante poida comezar os seus estudos na universidade sen necesidade de decidir inmediatamente o grao que cursar, mediante a proposta do programa de Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, na rama de Enxeñaría e Arquitectura. O estudante cursará as materias de primeiro curso comúns os seguintes Graos:

Grao en Enxeñaría Eléctrica (DUAL)

Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática

Grao en Enxeñaría Mecánica

O estudo está pendente de verificación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2022/2023
8

Por que estudar a titulación

Os graos abertos están pensados para aqueles alumnos que, tendo a nota de acceso para os graos que os conforman, non queren decidirse aínda por ningún e prefire darse un tempo para descubrir que grao é o que finalmente máis lle motiva.

Os graos abertos tamén están dirixidos a aqueles estudantes que desexan enriquecerse da transversalidade no seu currículo académico, debido a que ao finalizar o período en que un estudante pode estar no grao aberto e unha vez decidido o grao que cursará finalmente, pode continuar a súa formación multidisciplinar a través do Programa de Formación Complementaria, no que poderá matricularse de materias dos diferentes graos que compoñen o programa para completar a súa formación.

No grao aberto en Enxeñaría Industrial, o estudante poderá estar no grao aberto un máximo de un curso antes de tomar a decisión de que grao finalmente cursará.

Web da E.P.E.F.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2020/2021