Grao en Relacións Internacionais

2022/2023 · 240 créditos

Introdución

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2022/2023
23

Por que estudar a titulación

O grao bilingüe en Relacións Internacionais é un novo título de contido innovador que permite capacitar estudantes que poderán traballar no ámbito da cooperación internacional, no ámbito da empresa e os negocios, ou no mundo diplomático. Por unha banda, os internacionalistas que cursen este título poderán traballar nas ONG ou entidades públicas ou privadas con estratexias de cooperación internacional, pero tamén sobre o terreo en países en desenvolvemento. Doutra banda, poderán traballar no mundo da empresa e os negocios, xa sexa en pemes que queiran desenvolver actividades de internacionalización, ou en grandes multinacionais. Finalmente, este título tamén é idóneo para estudantes que aspiren a incorporarse ao corpo diplomático ou a organizacións internacionais.

Con carácter xeral, o grao bilingüe en Relacións Internacionais ofrece unha formación transversal e multidisciplinaria que persegue formar o estudantado en ámbitos de política internacional, de economía global, de dereito internacional ou de relacións internacionais para poder analizar con precisión os problemas e desafíos da sociedade internacional contemporánea e propoñer con rigor alternativas de resposta ou de adaptación.

De modo particular, o estudantado contará coa oportunidade de se especializar nos dous últimos anos de carreira a través de dúas mencións, unha sobre cooperación internacional para o desenvolvemento, e outra sobre xestión de proxectos e negocios internacionais.

Ademais, complementarase a formación do estudantado con capacidades lingüísticas e tecnolóxicas que lle permitan desempeñar con solvencia a súa actividade profesional nun contorno internacional.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2022/2023
Data última modificación/verificación ACSUG 27/06/2022
Data autorización Consello Xunta 27/07/2022
Data publicación autorización DOG 10/08/2022