Grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas

2022/2023 · 60 créditos

Introdución

A Universidade da Coruña, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un estudante poida comezar os seus estudos na universidade sen necesidade de decidir inmediatamente o grao que cursar, mediante a proposta do programa de Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas. O estudante poderá elexir materias dos graos en Administración e Dirección de Empresas (ADE), Dereito, Economía, Ciencias Empresariais, Socioloxía, Educación Social e Turismo.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2022/2023
10

Por que estudar a titulación

Os graos abertos están pensados para aquel alumno que, tendo a nota de acceso para varios graos, non quere decidirse aínda por ningún e prefire darse un tempo para descubrir que grao é o que finalmente máis lle motiva.

No grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, o estudante poderá estar no grao aberto ata un máximo de 2 cuadrimestres antes de tomar a decisión de que grao finalmente cursará.

Os graos abertos tamén están dirixidos a aqueles estudantes que desexan enriquecerse da transversalidade do seu currículo académico, debido a que ao finalizar o período en que un estudante pode estar no grao aberto e unha vez decidido o grao que cursará finalmente, pode continuar a súa formación multidisciplinar a través do Programa de Formación Complementaria, no que poderá matricularse de materias dos diferentes graos que compoñen o programa para completar a súa formación.

Folla de ruta

Curso de comezo 2020/2021