O programa adscríbese ás seguintes universidades:
‐ Escola Internacional de Doutoramento da Universidade da Coruña (EIDUDC)
‐ Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (EDIUS)
‐ Escola Internacional de Doutoramento da Universidade de Vigo (EIDO)
‐ Escola de Doutoramento da Universidade de Porto
- Escola de Doutoramento da Universidade de Tras‐os‐Montes e Alto Douro
O doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento ten como obxectivo xeral demostrar e fomentar, entre responsables políticos e partes interesadas, a importancia de promove-lo avellecemento activo e saudable.
O estudo está
verificado e
pendente de publicación
Por que estudar a titulación
O doutoramento en ciencias sociais e envellecemento ten como obxectivo formar aos doutorandos no ámbito do envellecemento demográfico e os retos que supón desde a perspectiva das ciencias sociais. Por iso, este doutoramento aglutina diversas áreas disciplinares co propósito de buscar a complementariedade que resulta necesaria para estudar un fenómeno multidimensional como o envellecemento demográfico. Trátase dun programa de estudos que pretende resultar unha referencia no ámbito dos estudos sobre o envellecemento.
Folleto informativo
Web propia do programa
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
-
Universidade de Santiago de Compostela
-
Universidade de Vigo
-
Universidade do Porto
-
Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro
| Curso de comezo |
2022/2023 |
| Data publicación autorización DOG |
01/01/1990 |
| Data publicación BOE de carácter oficial |
01/01/1990 |