O Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información é un título universitario oficial que aborda a formación avanzada en técnicas de investigación no eido das tecnoloxías da información. Conta coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e de Coremain S.L.U. O seu obxectivo é proporcionar unha formación que permita ao alumno unha clara comprensión dun ámbito, como é o das tecnoloxías da información, considerablemente complexo e dinámico, e capacitalo para o exercicio dunha actividade investigadora no dominio da súa competencia.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 18 de xaneiro de 2023.
As tecnoloxías da información son un instrumento básico para xerar riqueza e mellores condicións de vida, constituíndo unha das frontes de progreso fundamentais da nosa sociedade. Estas tecnoloxías están en evolución constante, co que a investigación e a innovación nelas son fundamentais para manter a competitividade, sendo os titulados deste programa particularmente axeitados para desenvolver estas tarefas.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
| Curso de comezo | 2013-2014 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 24/07/2013 |
| Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
| Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |