Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

2022/2023

Introdución

O Programa de Doutoramento Estudos Lingüísticos está dirixido a aquelas persoas que, cunha titulación universitaria e cun perfil en linguas e lingüística, desexaren afrontar o reto de faceren unha tese. Xuntámonos un grupo de especialistas en lingua española, lingua galega e lingüística xeral para ofrecermos un programa atractivo e un contexto estimulante orientados á realización do plan de investigación. As investigacións poderán versar sobre algún tema relacionado coas liñas de pesquisa do programa: • A descrición das linguas • A lingüística aplicada en diferentes vertentes (lexicografía e terminografía, ensino e aprendizaxe de linguas ou tecnoloxías lingüísticas) • Análise do discurso e sociolingüística • Lingüística histórica e historiografía lingüística

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o venres, 3 de xuño de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2022/2023
6

Por que estudar a titulación

Por que facer un doutoramento? O doutoramento é a titulación universitaria de máis alto rango. Indica que a persoa que o ten domina o tema sobre o cal fixo a tese e realizou un traballo de investigación que proporciona algo novo ao estado de coñecementos. Por que facer un doutoramento en lingüística? Como nos comunicamos? Cal é a relación entre a linguaxe e o pensamento? Que é o que fai as linguas mudaren? Por que hai tantas linguas no mundo? Se posúes unha formación lingüística e, alén diso, fas preguntas como estas, sen dúbida tes un sitio no noso programa de doutoramento. Poderás contribuír co teu traballo de investigación para avanzar na complexa resposta a esas cuestións e a outras semellantes. Cales son as vantaxes do Programa de Doutoramento de Estudos Lingüísticos? Somos un equipo humano cunha capacidade formativa demostrada polas teses que xa diriximos e polas que agora están en curso baixo a nosa responsabilidade. Sen dubida, encontrarás algún tema do teu interese entre a diversidade de liñas de investigación que ofrecemos. Para alén diso, as universidades de Vigo e A Coruña proporcionaranche recursos materiais de grande interese, en particular no que se refire ao acceso ás fontes de información. Ofrecemos tamén a posibilidade de realizar estadías no estranxeiro beneficiándote da colaboración que mantemos con grupos de universidades estranxeiras en países como Bélxica, Brasil, Francia ou Portugal.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 26/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014