Máster Universitario en Neurociencia

2023/2024 · 60 créditos

Introdución

O Máster en Neurociencia implantouse no bienio 2006-2008, con data de autorización pola Xunta de Galicia 8/11/2006 (DOG 16/11/2006) como titulación ofertada polo Programa Oficial de Postgrado en Neurociencia.

Co cambio de normativa, o Máster integrado no programa oficial de Postgrado dou lugar ao Máster en Neurociencia, informado pola ACSUG (informe previo á verificación de 15 de decembro de 2008) y verificado pola Comisión de Verificación de Planos de Estudos designada polo Pleno do Consello de Universidades, na súa sesión do 1 de xuño de 2009 (resolución da Secretaría Xeneral do Consello de Coordinación Universitaria de 24 de xuño de 2009).

No 2009 foi proposto un novo plan de estudos que foi informado favorablemente pola dirección xeral de universidades e implantado no curso 2011-2012.

O Máster de Neurociencia foi inscrito no "Registro de Universidades, Centros y Títulos", segundo resolución do 26/04/2011 (BOE 11/05/2011).

Membro da Network of European Neuroscience Schools (NENS, Red Europea de Programas de Neurociencia).

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
10

Por que estudar a titulación

• O título de máster de neurociencia ten como obxectivo ofrecer un programa orientado á formación avanzada de investigadores no ámbito da neurociencia, que sexa capaz de dar resposta aos retos que plantexa o Espacio Europeo de Educación Superior no ámbito do posgrao. Proporciona as bases teóricas e experimetáis necesarias para a realización da Tese de Doutoramento no ámbito da Neurociencia.

• Á consecución destos obxectivos preténde acadar a través das competencias xerales e específicas, de acordo co o establecido no el RD 1393/2007.

http://masterciencias.udc.es/master-en-neurociencia/

https://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2011/2012
Data última modificación/verificación ACSUG 01/06/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 11/05/2011
Data publicación plan estudos DOG 15/01/2014
Data publicación plan estudos BOE 06/03/2014