O Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares cobre novas necesidades formativas para dar resposta ás competencias da función directiva de centros escolares de acordo co Real Decreto 894/2014, de 17 de outubro, polo que se desenvolven as características do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva establecido no artigo 131.1.c) da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, así como os correspondentes cursos de actualización de competencias directivas. Establécese para formar profesionais directivos do sistema educativo e para complementar a formación dos que desempeñaron ou están a desempeñar tarefas directivas, co obxectivo de que se especialicen en tarefas de xestión, dirección e innovación de institucións escolares, á vez que se da continuidade á súa formación académica e investigadora.
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
913€ |
Prazas ofertadas para o curso 2021/2022 |
20 |
A través das competencias xenéricas e específicas, preténdese ofrecer especialización nos seguintes aspectos: •Análise, organización, xestión e interpretación da información e a toma de decisións. •Mediación, xestión e resolución de conflitos, fomentando a non violencia, a prevención da conflitividade e a convivencia. •Liderado e fomento do traballo en equipo. •Xestión do cambio e a innovación. •Organización (de tempos e espazos), xestión (administrativa, económica, dos recursos humanos e de documentos institucionais), coordinación, control e supervisión institucional. • Motivación de equipos de profesionais da educación. • Comunicación de obxectivos e estratexias educativas. • Dirección estratéxica: planificando, implementando e avaliando plans e proxectos dos centros educativos. • Formación metodolóxica para realizar investigacións educativas. • Marco normativo aplicable aos centros docentes. • Uso de TICs. • Participación da comunidade educativa e promoción da imaxe externa. •Fomento da calidade do centro (avaliación e plans de mellora). • Proxecto de dirección.
Curso de comezo | 2020/2021 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 18/05/2020 |
Data autorización Consello Xunta | 19/06/2020 |
Data publicación autorización DOG | 01/07/2020 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 17/09/2020 |
Data publicación plan estudos DOG | 15/01/2020 |
Data publicación plan estudos BOE | 18/01/2021 |