O Mestrado é de carácter internacional e ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança - Portugal.
Os estudos pódense realizar nun único curso académico e a distribución por créditos segundo o tipo de materias é o seguinte:
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 17 de setembro de 2020.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.292€ |
Prazas ofertadas para o curso 2021/2022 |
32 |
O obxectivo fundamental do Mestrado é a formación de titulados especializados dentro do ámbito da eficiencia enerxética, tratando de responder as esixencias que se producirán no mercado laboral como consecuencia do desenvolvemento do marco normativo relativo á eficiencia enerxética dos edificios.
O 13 de febreiro publicouse o Real Decreto 56/2016, polo que se traspón a Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 25 de outubro de 2012, relativa á eficiencia enerxética, no referente a auditorías enerxéticas, acreditación de provedores de servizos e auditores enerxéticos, e promoción da eficiencia da subministración de enerxía.
A finalidade deste real decreto é o impulso e a promoción dun conxunto de actuacións a realizar dentro dos procesos de consumo enerxético que poidan contribuír ao aforro e a eficiencia da enerxía primaria consumida, así como a optimizar a demanda enerxética da instalación, equipos ou sistemas consumidores de enerxía, ademais de dispor dun número suficiente de profesionais competentes e fiables a fin de asegurar a aplicación efectiva e oportuna da citada Directiva.
Curso de comezo | 2016/2017 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 16/03/2016 |
Data autorización Consello Xunta | 28/07/2016 |
Data publicación autorización DOG | 13/07/2016 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 26/10/2016 |
Data publicación plan estudos DOG | 24/05/2018 |
Data publicación plan estudos BOE | 22/05/2018 |