O Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía é unha titulación dupla(obtense un título en Francia e outro en España) nunha temática con presente e futuro: os materiais complexos.
Este mestrado duplo dá a oportunidade de poder estudar na Universidade da Coruña e a prestixiosa Université Paris Diderot (pertencente á Sorbonne Paris Cité), con acceso aos seus laboratorios e con prácticas remuneradas en empresas francesas.
Os materiais complexos abranguen os nanomateriais, polímeros, metamateriais etc. con aplicacións en biomedicina, nanotecnoloxía, cosmética, farmacia, alimentación, enxeñaría civil... Un dos piares do avance tecnolóxico actual é o desenvolvemento de novos materiais. Os materiais complexos constitúen un campo emerxente en que as grandes compañías necesitan profesionais altamente especializados.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 12 de novembro de 2020.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2022/2023 |
10 |
O Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía proporciona:
Curso de comezo | 2013/2014 |
Data autorización Consello Xunta | 06/06/2013 |
Data publicación autorización DOG | 18/06/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 15/11/2013 |
Data publicación plan estudos DOG | 28/04/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 09/04/2014 |