Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria

2021/2022 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (MAIS) é un título da Facultade de Ciencias da Saúde cuxa duración é de 60 ECTS (anual). Pertence á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde e está orientado cara á formación en investigación básica e clínica.

"Este mestrado está en proceso de modificación, contacta coa cordinadora para obter toda a información: mastermais@udc.es"

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.292€
Prazas ofertadas para o curso 2021/2022
50

Por que estudar a titulación

Este mestrado está deseñado para estudantes que queiran orientar os seus intereses profesionais á investigación biomédica e que procedan das titulacións de ciencias da saúde, como Medicina, Enfermaría, Terapia Ocupacional, Fisioterapia, Logopedia, Odontoloxía..., ou de titulacións afíns á investigación biomédica, como Bioloxía, Farmacia...

Conta coa colaboración do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

 Folleto informativo