O Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (MAIS) é un título da Facultade de Ciencias da Saúde cuxa duración é de 60 ECTS (anual). Pertence á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde e está orientado cara á formación en investigación básica e clínica.
Estrutura xeral do plan de estudos: Parte inicial -Investigación en Ciencias da Saúde-, de 15 ECTS. Desenvólvese durante o primeiro cuadrimestre.
Tres especialidades, de 45 ECTS/especialidade, cuxa actividade formativa se desenvolve durante o primeiro e o segundo cuadrimestre:
- Especialidade en Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida (presencial).
- Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica (presencial).
- Especialidade en Investigación Clínica (a distancia).
O traballo de fin de mestrado de cada especialidade, de 12 ECTS, desenvólvese durante o segundo cuadrimestre
Podes consultar os horarios de cada especialidade aquí:
http://bit.do/reeducacion-funcional
http://bit.do/Invest-Biomedica
http://bit.do/Invest-CC-Saude
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 11 de marzo de 2015.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.463€ |
Prazas ofertadas para o curso 2020/2021 |
55 |
Este mestrado está deseñado para estudantes que queiran orientar os seus intereses profesionais á investigación biomédica e que procedan das titulacións de ciencias da saúde, como Medicina, Enfermaría, Terapia Ocupacional, Fisioterapia, Logopedia, Odontoloxía..., ou de titulacións afíns á investigación biomédica, como Bioloxía, Farmacia...
Conta coa colaboración do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Curso de comezo | 2013/2014 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 24/07/2013 |
Data autorización Consello Xunta | 08/02/2011 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/05/2011 |
Data publicación plan estudos DOG | 06/11/2018 |
Data publicación plan estudos BOE | 13/11/2018 |