Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias xenéricas do Grao en Humanidades.
Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias específicas do Grao en Humanidades.
Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias transversais do Grao en Humanidades.
O plan de estudos do Grao en Humanidades conta cos créditos necesarios para que os titulados poidan impartir docencia na educación secundaria, e de feito os centros educativos son unha das saídas máis atraentes para os graduados.
Desenvolven tamén todas as súas competencias noutras áreas, como a dinamización cultural de concellos e entidades cívicas; a realización de proxectos culturais e administración cultural de empresas; a xestión do patrimonio histórico e cultural en todos os seus ámbitos ou os labores de turismo cultural. Así mesmo, poden traballar na xestión dos aspectos éticos e deontolóxicos das empresas ou como avaliadores do medio ambiente e patrimonial.
En xeral son profesionais que poden atender todas as necesidades do mercado cultural, e acrecentar o valor humano, crítico e responsable no mercado laboral dunha sociedad plural e democrática.
Dirección de institucións educativas, xestión e dinamización cultural en administracións públicas e privadas, mundo editorial, creación de espazos virtuais e deseño de produtos. Turismo cultural, comunicación, docencia e investigación ou cooperación internacional.
No Grao de Humanidades imparten docencia os departamentos indicados no apartado de "Profesorado", que dan mostra da base que se ofrece para unha formación sólida e versátil. Esta titulación dispón de guía docente. Para consultala preme na ligazón que aparece a seguir: https://guiadocente.udc.es/guia_docent/index.php?centre=710&ensenyament=710G01
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Bibliografía e Fontes de Información Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Arquivística Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Xestión de Empresas e Institucións Culturais Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Galega Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Documentación Xeral Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Biblioteconomía Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Informática Documental Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Prehistoria e Historia Antiga de Oriente Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Historia Antiga de Grecia e Roma Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Historia da Arte Clásica Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Pensamento Filosófico Grego Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Literatura Latina Antiga e Medieval Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Historia Medieval Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Historia da Arte Medieval Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ética Moderna e Contemporánea Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Xeografía Humana Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fontes Histórico Documentais da Idade Media Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Historia de América e da Expansión Europea Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Historia Moderna Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Socioloxía da Cultura e do Patrimonio Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xeografía Rexional Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Historia da Arte Moderna Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Antropoloxía Social e Problemas Actuais | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Historia Contemporánea | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Historia de España Contemporánea | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Historia da Arte Contemporánea | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Hermenéutica Filosófica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Prácticum | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Arqueoloxía e Numismática | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Xeografía Humana de Galicia | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Historia das Relixións | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Mitoloxía Clásica | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Antropoloxía Social Aplicada | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Ética Aplicada e Deontoloxía Profesional | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Historia de Galicia | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Xeografía Rexional de Galicia | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Público, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Economía, Empresa, Humanidades, Letras, Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes, cuxo obxecto é que o alumnado poida cursar parte dos seus estudos (un semestre ou un ano académico completo) nalgunha delas con pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente da UDC.
Nas convocatorias publícanse as prazas de que a UDC dispón para lles ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas.
Do mesmo xeito, todos os anos se convocan bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes, as cales serán tamén recoñecidas como parte do expediente académico ou no suplemento europeo ao título.
Cada estudante é libre de buscar a empresa ou institución de destino do EEES en que desexa facer as prácticas. Para estes efectos, a UDC conta cun taboleiro virtual en que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento. As convocatorias de mobilidade son xestionadas conxuntamente polos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos responsables de Relacións Internacionais, e a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da UDC. Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, o procedemento para conceder as prazas e os dereitos e obrigas dos estudantes réxense polo disposto no Regulamento de mobilidade da UDC.