Grao en Arquitectura Técnica

2019/2020 · 240 créditos

Que se aprende

A lexislación vixente conforma a profesión de arquitecto técnico como profesión regulada cuxo exercicio require estar en posesión do correspondente título oficial de grao. A Orde ECI/3855/2007, do 27 de decembro, establece os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de arquitecto técnico.

A Orde indica as competencias que os/as estudantes deben adquirir, recollidas no plan de estudos da EUAT da Coruña:

1. Dirixir a execución material das obras de edificación, das súas instalacións e elementos, levando a cabo o control cualitativo e cuantitativo do construído mediante o establecemento e a xestión dos plans de control de materiais, sistemas e execución de obra, elaborando os correspondentes rexistros para a súa incorporación ao Libro do Edificio. Levar o control económico da obra elaborando as certificacións e a liquidación da obra executada.

2. Redactar estudos e plans de seguridade e saúde laboral, e coordinar a actividade das empresas en materia de seguranza e saúde laboral en obras de construción, tanto en fase de proxecto como de execución.

3. Levar a cabo actividades técnicas de cálculo, medicións, valoracións, taxacións e estudos de viabilidade económica; realizar peritacións, inspeccións, análises de patoloxía e outros análogos, e redactar os informes, ditames e documentos técnicos correspondentes; efectuar levantamentos de planos en soares e edificios.

4. Elaborar os proxectos técnicos e desempeñar a dirección de obras de edificación no ámbito da súa habilitación legal.

5. Xestionar as novas tecnoloxías edificatorias e participar nos procesos de xestión da calidade na edificación; realizar análises, avaliacións e certificacións de eficiencia enerxética, así como estudos de sustentabilidade nos edificios.

6. Dirixir e xestionar o uso, a conservación e o mantemento dos edificios, redactando os documentos técnicos necesarios. Elaborar estudos do ciclo de vida útil dos materiais, sistemas construtivos e edificios. Xestionar o tratamento dos residuos de demolición e da construción.

7. Asesorar tecnicamente nos procesos de fabricación de materiais e elementos utilizados na construción de edificios.

8. Xestionar o proceso inmobiliario no seu conxunto. Exercer a representación técnica das empresas construtoras nas obras de edificación.

O anterior demostra que o/a graduado/a en Enxeñaría da Edificación, pola súa preparación académica, desenvolve un repertorio moi amplo de actividades do campo da edificación e da construción en xeral.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Directores da execución das obras:

Atribución profesional exclusiva, cumprindo os seguintes cometidos:

  • Recepción de materiais, produtos e sistemas construtivos
  • Control de calidade das unidades de obra
  • Control orzamentario, valoración, certificación e liquidación económica da obra
  • Xefes de obra:

  • representantes do construtor na obra
  • responsables da organización e planificación das obras
  • coordinación dos subcontratistas
  • xestión de medios auxiliares
  • xestión económica das contratas
  • Redactores de Estudos e Plans de Seguridade e Saúde.

    Coordinadores de Seguridade e Saúde durante as fases de proxecto e de execución das obras.

    Peritos xudiciais e forenses: redactores de informes técnicos para incorporación aos procedementos xudiciais, expertos ao servizo de compañías aseguradoras de sinistros en edificación.

    Integrantes de gabinetes técnicos e de empresas construtoras e promotoras inmobiliarias, responsables de:

  • Redacción de orzamentos e ofertas.
  • Realización de estudos de viabilidade de promocións, etc.
  • Xestión inmobiliaria e tramitación administrativa de plans e proxectos urbanísticos e de edificación.
  • Técnicos de empresas construtoras ou auxiliares da construción, fabricantes, distribuidoras e/ou instaladoras de produtos e sistemas construtivos.

    Valoracións e taxacións inmobiliarias para a constitución de créditos hipotecarios avalados por inmobles ou outros fins.

    Técnicos en estudos: colaboración na redacción de proxectos parciais de edificación, enxeñería, urbanismo, decoración e outros.

    Redactores de proxectos de rehabilitación e/ou reforma de edificios ou locais.

    Emisores de certificados de calificación enerxética e de Informes técnicos de inspección.

    Técnicos en administracións públicas.

    Docencia no ensino medio e universitario de grao e máster relacionados co sector da edificación.

    Planificación do ensino

    Esta titulación dispón de guía docente
    Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

    Estrutura do estudo

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Matemática I Formación básica 6 ECTS
    Física Aplicada I Formación básica 6 ECTS
    Materiais I Formación básica 6 ECTS
    Xeometría Descritiva Formación básica 6 ECTS
    Dereito Privado da Edificación Formación básica 6 ECTS
    Matemática II Formación básica 6 ECTS
    Física Aplicada II Formación básica 6 ECTS
    Expresión Gráfica Arquitectónica I Formación básica 6 ECTS
    Construción I Obrigatorio 6 ECTS
    Economía e Organización de Empresa Formación básica 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Construción II Obrigatorio 6 ECTS
    Materiais II Obrigatorio 6 ECTS
    Expresión Gráfica Arquitectónica II Obrigatorio 6 ECTS
    Instalacións I Formación básica 6 ECTS
    Dereito Público da Edificación Obrigatorio 6 ECTS
    Materiais III Obrigatorio 6 ECTS
    Construción III Obrigatorio 6 ECTS
    Xeometría da Representación Obrigatorio 6 ECTS
    Estruturas I Obrigatorio 6 ECTS
    Topografía Obrigatorio 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Organización, Programación e Control Obrigatorio 6 ECTS
    Construción IV Obrigatorio 6 ECTS
    Proxectos Técnicos I Obrigatorio 6 ECTS
    Instalacións II Obrigatorio 6 ECTS
    Estruturas II Obrigatorio 6 ECTS
    Equipos, Medios Auxiliares e de Seguridade Obrigatorio 6 ECTS
    Proxectos Técnicos II Obrigatorio 6 ECTS
    Direción, Xefatura e Xestión de Obras Obrigatorio 6 ECTS
    Patoloxía e Rehabilitación Obrigatorio 6 ECTS
    Medicións, Orzamentos e Control Económico Obrigatorio 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Seguridade e Prevención Obrigatorio 6 ECTS
    Xestión da Calidade, Seguridade e Medio Ambiente Obrigatorio 6 ECTS
    Xestión Inmobiliaria, Taxacións e Peritacions Obrigatorio 6 ECTS
    Estruturas III Obrigatorio 6 ECTS
    Instalacións III Obrigatorio 6 ECTS
    Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS
    Inglés Técnico Optativo 6 ECTS
    Métodos Experimentais de Inspección de Estruturas Optativo 6 ECTS
    Medicións Acústicas na Edificación Optativo 6 ECTS
    Patrimonio Arquitectónico Galego Optativo 6 ECTS
    Deseño de Interiores, Xardinaría e Paisaxe Optativo 6 ECTS
    Prácticas Externas Optativo 18 ECTS

     BOE co plan de estudos (PDF)

    Profesorado

    O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría Industrial, Expresión Gráfica Arquitectónica, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas e Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición.

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.