Grao en Educación Social

2019/2020 · 240 créditos

Que se aprende

Os estudos de Grao en Educación Social oriéntanse a: - Comprender e explicar os fundamentos históricos, pedagóxicos, sociolóxicos, psicolóxicos, xurídicos e filosóficos da acción socioeducativa en diferentes ámbitos de actuación. - Comprender e analizar criticamente os factores contextuais (educativos, sociais, políticos, económicos, culturais...) que limitan e favorecen a acción socioeducativa, así como a xustiza, igualdade e liberdade. - Deseñar, aplicar e avaliar plans, programas e proxectos que contribúan ao desenvolvemento integral, inclusión, participación e promoción social de persoas, grupos e comunidades. - Desenvolver unha actitude responsable e de compromiso ético coa xustiza social. - Fomentar a capacidade de pensamento crítico e creativo para tomar decisións e resolver problemas en contextos multidisciplinares e incertos.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As graduadas e graduados nesta titulación desenvolven a súa acción socioeducativa con infancia e adolescencia, persoas adultas e maiores, mulleres, minorías, persoas inmigrantes e refuxiadas, persoas con diversidade funcional, e outros colectivos vulnerables e desfavorecidos, desde diversos ámbitos: educativo, laboral, sociocultural, socioambiental residencial, convivencial, comunitario, da saúde, protección, xustiza, tempo libre, cooperación...

Empresas e institucións colaboradoras

As educadoras e educadores sociais traballan en entidades públicas, privadas e de iniciativa social nas que se desenvolven programas e/ou xestionan recursos e centros de: servizos sociais; protección e reeducación de infancia e adolescencia; acollemento familiar e adopción; ludotecas; atención de día e residencial de persoas maiores; aulas da terceira idade; escolas de persoas adultas; casas de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero; diversidade sexual; atención ás drogodependencias; comunidades terapéuticas; vivendas tuteladas para persoas con diversidade funcional; institucións penitenciarias; albergues para persoas sen fogar; obradoiros de emprego; centros de formación e orientación laboral e ocupacional; animación sociocultural; xestión cultural; tempo libre; participación social; cooperación ao desenvolvemento; granxas escola; aulas e centros de interpretación e educación ambiental; entre outras.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Teoría da Educación Formación básica 6 ECTS
Deseño e Desenvolvemento da Acción Socioeducativa Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía do Desenvolvemento Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía Social Formación básica 6 ECTS
Socioloxía Formación básica 6 ECTS
Pedagoxía Social Formación básica 6 ECTS
Xénero, Igualdade e Educación Obrigatorio 6 ECTS
Educación Permanente Formación básica 6 ECTS
Tecnoloxías da Información e a Comunicación Social Formación básica 6 ECTS
Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Humanidades, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.