As materias do plan de estudos garanten a aprendizaxe das competencias necesarias para a operación, o mantemento, o deseño, o redeseño e a xestión das instalacións de buques.
Os graduados adquiren unha formación científico-tecnolóxica moi ampla, que tamén lles permite aplicar a metodoloxía e a técnica da enxeñaría nun extenso abano de actividades do sector enerxético, oficina técnica, produción de equipos, xestión e administración etc.
As competencias xenéricas establécense co obxectivo de que os estudantes acaden coñecementos, habilidades e actitudes útiles para desenvolverse non só no ámbito profesional senón tamén na vida cotiá dentro dunha sociedade crítica e en continuo cambio.
Deste xeito, o título recolle entre outras, competencias como:
As competencias específicas garanten os coñecementos propios da profesión de Oficial de Máquinas da Mariña Mercante e desenvólvense nos contidos das materias de formación específica do Grao.
Cabe apuntar as seguintes:
As competencias transversais son destrezas que permiten ao alumno desenvolver e aplicar as súas propias competencias en actividades diversas. Podemos destacar, a versatilidade, comunicarse de forma efectiva, traballo en equipo, iniciativa, responsabilidade social, etc.
As materias poden impartirse en castelán, galego e/ou inglés, segundo conste nas guías docentes de cada materia.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Matemáticas I Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Física I Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Informática Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Inglés Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Química Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Expresión Gráfica Con restriccións | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Matemáticas II Con restriccións | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Física II Con restriccións | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Empresa e Dereito Con restriccións | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Construción Naval e Teoría do Buque Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Mecánica e Resistencia de Materiais | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Tecnoloxía Mecánica e Mecanismos | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Electrotecnia, Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Termodinámica e Termotecnia | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Hixiene Naval e Riscos Laborais | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ciencia e Enxeñaría de Materiais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Regulación e Control | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Mecánica de Fluidos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Seguridade Marítima e Contaminación | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Matemáticas III | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Dereito Público, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas e Química.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.