Máster Universitario en Xerontoloxía

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

De acordo ás tres vertentes das que consta o MUG, o estudantado, unha vez finalizado o Mestrado e de acordo ás distintas materias cursadas, estará en condicións de incorporarse a recursos asistenciais xeriátricos e/ou xerontolóxicos, dedicarse á docencia no campo do envellecemento ou incorporarse á carreira investigadora de acordo ás competencias adquiridas.

Competencias xenéricas

Garantiranse as competencias básicas, recollidas no Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, ademáis das que figuran no Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (ARROLAS) e que inclúen:

-Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

-Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría.

-Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

-Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

-Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

Competencias específicas

-Formar e acreditar profesionais do campo da Xerontoloxía.

-Coñecer os principais problemas sociais e sociosanitarios que afectan á poboación de persoas maiores e estar en disposición de detectalos e actuar en consecuencia.

-Coñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas que afectan as persoas maiores.

-Coñecer o método de valoración xeriátrica integral a fin de poder establecer as bases para realizar o plan individualizado de atención da persoa maior.

-Coñecer as principais pautas de intervención xeriátrica a fin de poder incorporalas aos plans individualizados de atención.

-Estar en condicións de incorporarse aos equipos interdisciplinares de valoración e intervención xeriátrica, tanto no ámbito sociosanitario como sanitario.

-Coñecer os principais recursos de atención ás persoas maiores, así como a idoneidade da súa localización de acordo ás súas características sociosanitarias.

-Coñecer as bases da investigación e facilitar a incorporación de profesionais ao campo da investigación xerontolóxica, tanto en organismos públicos como en privados ou empresas.

Competencias transversais

-Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico na redacción de proxectos.

-Saber difundir os resultados obtidos no desenvolvemento da súa actividade a través das fontes de información dispoñibles para a comunidade científica.

-Favorecer o intercambio de alumnos e profesores a fin de ampliar a súa perspectiva asistencial, docente e investigadora.

-Favorecer a incorporación de profesionais ao campo da investigación, facilitando a realización de teses doutorais.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O perfil obtido polo alumnado capacitarao en competencias a desenvolver en centros asistenciais, levando a cabo tarefas de coordinación e xestión de recursos; en concellos, mediante a elaboración e seguemento de diferentes programas asistenciais; e, ademáis, capacitándoo para desenvolver tarefas de atención e coidado aos maiores. No campo da atención sanitaria (residencias de maiores, centros de día, ...) pode actuar como coordinador e xestor dos recursos do maior atendendo ás necesidades e capacidades do mesmo. No campo da atención social, e en especial nos concellos, pode traballar como profesional encargado de coñecer as necesidades presentes e futuras do maior e da súa contorna (familia, coidadores, adaptación ao fogar, ...) co fin de poñer en marcha as medidas necesarias para paliar estas necesidades. Estará capacitado pois, para a planificación, coordinación, desenvolvemento e validación dos diversos programas asistenciais.

Non se pode esquecer a súa idoneidade para a formación de profesionais que se adiquen á atención ao maior, a calquera nivel, pero con especial dedicación aos de atención básica (auxiliares e coidadores).

Ademáis, a posibilidade de facer unha especialidade do ámbito clínico ou social complementará a calidade formativa cando o alumno opte pola asistencia clínica (Xerontoloxía Clínica) ou a intervención social (Xerontoloxía Social) cun perfil máis adecuado ás tarefas para desenvolver.

Planificación do ensino

O MUG consta de 60 créditos ECTS, ao longo dun curso académico dividido en dous cuadrimestres e tres módulos:

O Módulo I, de carácter obrigatorio e común, cúrsase no primeiro cuadrimestre do primeiro ano e consta de seis materias comúns.

O Módulo II, optativo, e cunha oferta segundo a especialidade elixida, cursarase no segundo cuadrimestre e consta de dúas materias, así como do TFM e das Prácticas Externas (Practicum), todos específicos de cada especialidade.

Unha vez que se matricula, o alumno deberá de elixir a especialidade para cursar no segundo cuadrimestre do primeiro ano, e ademáis de cursar os 24 ECTS obrigatorios para cada especialidade, cursaranse outros 6 ECTS correspondentes á optatividade (Módulo III) e impartidos por calquera das dúas Universidades.

Os/as estudantes terán que seleccionar 6 ECTS para cada un dos cuadrimestres da anualidade. Desta maneira completará o total de créditos por cuadrimestre (30 ECTS).

Esta optatividade unicamente será necesario completala nunha especialidade cando o alumno desexe realizar ambas especialidades. Como os estudantes que inicien estudos en ensinos de grao e máster a tempo completo deben matricularse de 60 ECTS ou do número de ECTS equivalentes a un curso. Por tanto, no caso de que o alumno optase a cursar as dúas especialidades, debería facelo en dous cursos académicos (1º curso 60 ECTS: obtención do título cunha especialidade; 2º curso: matrícula dos 24 créditos necesarios para obter a 2ª especialidade).

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Demografía do Envellecemento Obrigatorio 4 ECTS
Valoración en Xerontoloxía Obrigatorio 4 ECTS
Intervención en Xerontoloxía Obrigatorio 4 ECTS
Xerontoloxía Social I Obrigatorio 4 ECTS
Xerontoloxía Clínica I Obrigatorio 4 ECTS
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía Obrigatorio 4 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xerontoloxía Clínica II Optativo 4 ECTS
Patoloxía e Intervención Xeriátrica Optativo 4 ECTS
Prácticas Externas. Especialidade Clínica Optativo 8 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xerontoloxía Social II Optativo 4 ECTS
Atención Sociosanitaria Optativo 4 ECTS
Prácticas Externas. Especialidade Social Optativo 8 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster. Especialidade Clínica Obrigatorio 8 ECTS
Traballo Fin de Máster. Especialidade Social Obrigatorio 8 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

Foron referentes externos desta titulación:

A OMS, no seu “Informe mundial sobre el envejecimiento y la salud (2015)”, indica a necesidade de actualizar os coñecementos en xerontoloxía e xeriatría. Tamén se teñen en conta as directrices expostas pola ANECA nos seus Libros Brancos do Programa de Converxencia Europea.

Os Plans de Estudos das seguintes universidades e títulos: Salamanca (https://www.usal.es/master-en-gerontologia-semipresencial-3), Barcelona (https://www.il3.ub.edu/master-gerontologia-social), Deusto (https://www.deusto.es/cs/Satellite/deusto/es/masteres/estudios-masteres/gerontologia/programa), sendo en xerontoloxía social o ofertado pola Universidade de Zaragoza (https://estudios.unizar.es/estudio/ver?id=610&anyo_academico); M.A. in Gerontology (Northesatern Illinois University), Research Master in Gerontological Sciences (Vrije Universiteit Brussel), Master of Science: Gerontology and Rehabilitation Studies (University of Wollongong-Australia), Master in Gerontology (Politécnico de Portalegre-Portugal), M.S. in Gerontology (St. Cloud State University-USA), MS in Human Development and family Science-Gerontology (North Dakota State University-USA), M.A. in Gerontology (Youngstown State University-USA), MS in Gerontology (Loma Linda University-USA), entre outras.

Ademáis da información recollida das seguintes sociedades científicas: Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (https://www.segg.es/); International Association of Gerontology and Geriatrics (https://www.iagg.info/); e a Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, que elaborou un documento de consenso sobre Competencias Comúns dos Profesionais da Xerontoloxía Clínica e Social.

Procedementos de consulta empregados

A normativa da UDC e da USC para estudos de Mestrado Universitario elabórase con base nos Reais Decretos 1393/2007 e 861/2010 e ás “Liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e posgrao no Sistema Universitario de Galicia”, aprobadas no pleno do Consello Galego de Universidades do 5 de novembro de 2007, e expón con detalle as diferentes etapas e procedementos a seguir para a súa elaboración e aprobación. Según se recolle en dita normativa, a iniciativa para a elaboración das propostas de Mestrado Universitario desenvolverase por un centro, que, no caso da UDC, é a Facultade de Ciencias da Saúde, que elevará a súa proposta, tras ser aprobada polo centro, ao Consello de Goberno da Universidade. No caso da USC, a proposta de Máster Universitario desenvolverase na Facultade de Enfermaría.

Con base nestes principios, a proposta do MUG foi presentada, debatida e asesorada pola Comisión Redactora formada para o efecto e que está constituída polos membros da Comisión Académica Interuniversitaria do Máster en Xerontoloxía (90 ECTS) do que procede o que agora presentamos (60 ECTS), pasando a continuación a ser acordada polas Xuntas de Facultade que imparten o título (Ciencias da Saúde da UDC e Enfermaría da USC), para posteriormente ser sometidas ao ditame das Xuntas de Goberno de ambas Universidades como requisito previo a formulación do convenio de realización do mestrado. O convenio recolle, entre outros aspectos, os referidos a custodia de expedientes e expedición do título, procedemento de modificación e extinción do plan de estudos, así como demais responsabilidades. Como paso final, o proxecto preséntase ao Consello Social de ambas Universidades para a súa aprobación definitiva, previa á súa presentación.

Sinalar que, ao longo de todo o proceso, a Comisión Redactora estivo asesorada en todo momento polas Comisións de Garantía de Calidade e as Unidades Técnicas de Calidade de ambas Universidades.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.