Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares

2020/2021 · 60 créditos

Que se aprende

Este mestrado pretende proporcionar os coñecementos necesarios para desenvolver, cunha formación especializada e de máximo rigor académico, as competencias necesarias para que as persoas que obteñan o título poidan dirixir, xestionar e dinamizar centros escolares, especializándose no desempeño de tarefas de liderado, directivas e, moi especialmente, en aspectos que teñen que ver coa innovación na xestión e a organización. Quen se titule neste mestrado deberá ter un enfoque da súa profesión cuns altos niveis de actitude crítica, solidaria e participativa coa sociedade na que desenvolverá o seu traballo, obxectivo que se reflicte nas competencias xerais desta titulación, en que é de resaltar o peso nos contidos das normas de ética e independencia da profesión. De igual forma, un dos obxectivos do mestrado é incrementar a capacidade do estudantado no manexo das tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas ao campo educativo, así como á práctica profesional e investigadora de futuros/as profesionais, no marco da sociedade do coñecemento.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

O Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares é de carácter profesional e investigador

Contorno profesional no que se sitúa

Práctica e aplicación dos coñecementos adquiridos nos ámbitos nos que estes/as titulados/as poden desenvolver a súa función profesional: centros educativos (públicos, privados ou privados concertados), e o exercicio privado da profesión, sexa de forma individual ou como parte de equipos interdisciplinares (sobrepasando a duración mínima dos cursos de formación e actualización de competencias directivas segundo se recolle no Real Decreto 894/2014, cubrindo as necesidades formativas recollidas no art. 6, punto 5, ademáis de ofrecer unha formación más especializada).

Saídas profesionais e académicas

Saída investigadora: a implantación deste mestrado incrementará a investigación de calidade e permitiralle ao alumnado que o supere o acceso directo aos programas oficiais de doutoramento ofertados pola Facultade de Ciencias da Educación da UDC, polo que é a vía natural para a continuación de doutorandos/as coa elaboración, difusión e revisión de liñas de investigación e traballo nos ámbitos nos que a nosa facultade xa ten un alto recoñecemento.

Empresas e institucións colaboradoras

Para ser candidato/a a director/a, débese estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre o desenvolvemento da formación directiva, impartido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou polas administracións educativas das comunidades autónomas (LOMCE). Existe, así, una bolsa de profesionais en exercicio ou na procura de ocupación laboral que solicita formación específica na dirección e xestión de institucións de natureza educativa. Este mestrado responde adecuadamente á dita demanda formativa na función directiva.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticum Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.