Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial

2019/2020 · 120 créditos

Que se aprende

O Máster Universitario en Enxeñería en Deseño Industrial profundiza nos aspetos claves do Deseño Industrial, proporcionando unha formación altamente especializada en tres setores económicos clave: o Deseño para a Movilidade, Transporte e Automoción, o Deseño de Complementos de Moda, Xoiería e Xemoloxía e o Deseño de Mobiliario e Contract, ó longo de dous años de duración, cun total de 120 ECTS.

Este título complementa as ensinanzas do Título de Grado en Enxeñería de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto que se imparte na EUDI desde o curso 2009-2010.

Competencias xenéricas

Capacidade de organización e planificación para resolver problemas de carácter innovador de forma eficiente, especialmente importante na concepción e desenvolvemento de proxetos de Deseño Industrial conducentes á concetualización de novos produtos viables industrial e empresarialmente.

Adquisición de coñecementos informáticos avanzados, en especial os relativos ó uso de tecnoloxías e programas de última xeración no campo do Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto.

Capacidade crítica e autocrítica para valora-lo coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible ó resolve-los problemas cos que deben enfrontarse, necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa sociedade, a calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas.

Traballo en equipo. Capacidade de abordar proxetos en colaboración con outros estudantes, asumindo roles e cumprindo compromisos de cara ó grupo.

Capacidade de planificación, deseño e xestión de proxetos, resolvendo os aspectos conceptuais, técnicos e organizativos do proxeto.

Ter e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

Aplica-los coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.

Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de información que, sendo incompleta ou limitada, inclúe reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

Que os estudantes saiban comunica-las súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.

Competencias específicas

Aplica-la metodoloxía da enxeñería de produto propoñendo solucións apropiadas desde o punto de vista industrial, técnico e económico.

Aplicar métodos de investigación de tendencias nos proxetos.

Coñecer técnicas de xestión do deseño a nivel operativo e estratéxico para logra-la interlocución entre estratexia empresarial e deseñadores, axilizando a concepción, produción e lanzamento de novos produtos.

Deseñar, innovar e xestionar novos produtos, centrándose no usuario e os estilos de vida.

Deseñar, planificar e xestiona-lo deseño en espacios públicos e arquitectónicos destinados ó uso colectivo, tendo en conta a accesibilidade e a integración das persoas con discapacidade ou con necesidades particulares de adaptación na vida cotidiana.

Xestionar todo o ciclo de vida do produto, PLM (Product Lifecycle Management).

Integrarse en oficinas técnicas ou departamentos I+D+I, en procesos de enxeñería e deseño colaborativo.

Xestión do coñecemento en deseño aplicado ó modelo empresarial e ó deseño de produtos industriais.

Desenvolvemento e implementación de novos modelos e servicios.

Sensibilidade para desenvolver na actividade proxetiva variables compositivas e perceptivas.

Aplicar técnicas de análise de novas demandas e de preferencias de usuario.

Habilidade para intercambiar e integrar procedementos á configuración de produtos de deseño tanto a nivel analóxico como dixital.

Dominar parámetros de deseño ambiental e confort cromático.

Capacidade analítica para a observación e valoración de casos específicos a partir de los fatores dimensionais xerais e dos fatores de uso que presentan os espacios públicos.

Utiliza-las novas aplicacións e recursos TIC para a concepción e presentación de novos produtos e servicios.

Competencias transversais

Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e as ideas. Desenvolvemento de habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita.

Capacidade para traballar de forma autónoma e desenvolver un traballo persoal organizado e planificado.

Capacidade para integrar de forma eficiente as ferramentas avanzadas de xestión das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no exercicio diario da súa profesión.

Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analiza-la realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ó ben común.

Comprensión da importancia da cultura emprendedora e o coñecemento dos medios e recursos ó alcance dos emprendedores.

Capacidade para enfrontarse á situacións y problemas novos de forma proactiva.

Capacidade para dirixir e xestionar equipos multidisciplinares.

Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Saídas profesionais e académicas

Dada a transversalidade do Deseño Industrial, o abanico de perfís profesionais ós que poden incorporarse os egresados do Máster é do máis diverso, existindo unha crecente demanda de profesionais altamente cualificados con formación específica en Deseño Industrial.

Este máster ten como obxetivo entre outros moitos, dar respostas apropiadas a esta demanda de capacidade creativa e de xestión nos setores produtivos máis relevantes, moitos deles emerxentes e con gran proxeción de futuro, dotando ós titulados entre outros de:

- Ferramentas para desenvolve-lo seu pensamento prospetivo, creativo e innovador.

- Un perfil de xestor de proxetos de Deseño e Deseño Industrial, como catalizador do coñecemento e impulsor de novas formas de pensamento para a creación no ámbito empresarial.

- Instrumentos para desenvolver habilidades directivas e a intelixencia emocional necesaria para liderar e coordinar equipos humanos de forma eficiente.

- Habilidades para entender e comunicarse efectivamente con profesionais de tódolos perfís empresariais e industriais, así como do Deseño en tódalas súas facetas.

- Ferramentas estratéxicas de xestión para a excelencia empresarial.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Introdución aos Complementos Obrigatorio 3 ECTS
Introdución ao Mobiliario Obrigatorio 3 ECTS
Introdución á Mobilidade Obrigatorio 3 ECTS
Deseño Industrial, Sociedade e Empresa Obrigatorio 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Empresa e Competitividade Obrigatorio 6 ECTS
Produto e Mercado Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Técnicas e Métodos Obrigatorio 9 ECTS
Requirimentos Básicos de Deseño Industrial Obrigatorio 9 ECTS
Xestión do Deseño Obrigatorio 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xestión dos Procesos de Deseño e Desenvolvemento de Produtos Obrigatorio 6 ECTS
Emprendemento, Creatividade e Deseño Obrigatorio 6 ECTS
Aspectos Legais e de Seguridade dos Produtos Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Historia da Mobilidade Optativo 3 ECTS
Automoción Optativo 6 ECTS
Transporte Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Historia dos Complementos Optativo 3 ECTS
Materiais Optativo 6 ECTS
Tecnoloxía Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Historia do Moble Optativo 3 ECTS
Mobiliario e Espazo Optativo 6 ECTS
Contract Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio anual 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.