As competencias que se adquiren ao cursar estes estudos viran ao redor da eficiencia e aproveitamento enerxético nun sentido amplo, pero cobran especial importancia aquelas relacionadas con:
Os egresados serán capaces de:
O mercado da eficiencia enerxética é moi amplo e abarca distintos sectores:
As perspectivas de actuación para os próximos anos e os potenciais de aforro enerxético que se manexan, provocarán una incorporación crecente de profesionais que cubran as necesidades destes sectores.
Os principais servizos ofrecidos polos profesionais da eficiencia enerxética son:
Disponse de convenios de colaboración educativa con máis de 80 empresas, entre as que se atopan: ALCOA, ENDESA GENERACIÓN S.A., FERROVIAL, GAMESA, GAS NATURAL SDG S.A., NAVANTIA, RED ELÉCTRICA, REGANOSA…
A distribución das materias ao longo do curso é a seguinte:
Impártense 4 materias obrigatorias e 2 optativas a elixir entre as 4 ofertadas.
Impártese 1 materia obrigatoria e 6 optativas a elixir entre as 12 ofertadas.
Realizaranse a Prácticas empresa e o Traballo Fin de Mestrado.
As características do acordo de dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança figuran na seguinte ligazón:
Dobre titulaciónOs estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Certificación da Eficiencia Enerxética | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Sistemas de Aproveitamento Solar | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Sistemas de Coxeración e Biomasa | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Política Enerxética e Análise de Investimentos | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Sistemas Eólicos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Prácticas de Empresa | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.