Posto que se trata dun mestrado universitario dirixido á especialización en materia de avaliación e intervención sobre os trastornos da comunicación e a linguaxe, a súa saída profesional ten que ver cos ámbitos en que os titulados poden desenvolver a súa función profesional: centros de atención temperá; centros de saúde públicos ou privados; centros educativos públicos, privados ou concertados; e exercicio privado da profesión ben de forma individual ou ben como parte de equipos interdisciplinares.
Os egresados deste mestrado disporán de formación especializada para a intervención nestes contextos, aínda que desde a óptica profesional do grao que cursasen previamente.
Este programa debe conducir a unha especialización e, por tanto, a un aumento da calidade das intervencións nos distintos contextos profesionais en que se pretende dar resposta a dificultades da linguaxe e a comunicación. Ademais, este mestrado vai dirixido a que os titulados poñan en marcha investigacións de calidade que acheguen novo coñecemento no campo dos problemas da linguaxe.
De acordo co Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e co Real decreto 1125/2003, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo ol territorio nacional, o haber académico que representa o cumprimento dos obxectivos previstos nos plaes de estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais se medirá en créditos europeos o ECTS.
O número total de créditos para obter o título do Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías será de 60 ECTS, que inclúen a formación teórica e práctica que os estudantes deben adquirir: materias obrigatorias, materias optativas e materias dos dous itinerarios que se ofrecen, seminarios, traballos dirixidos, realización de exames, Traballo de Fin de Mestrado e outras actividades formativas.
O mínimo de créditos para matricularse no primeiro e segundo ano, tanto a tempo completo como parcial, será o establecido por cada unha das universidades participantes, tal e como se recolle no punto 1.2 da memoria de verificación do título. As universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Salamanca e Zaragoza traballan cunha equivalencia de 25 horas para cada crédito ECTS.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Psicopatoloxía da Linguaxe e Trastornos no Desenvolvemento da Linguaxe e a Comunicación | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Bases Biolóxicas da Linguaxe | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
A Avaliación Psicolóxica das Alteracións da Linguaxe e a Comunicación | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Neuroloxía da Linguaxe | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
O Proceso de Investigación nas Dificultades da Linguaxe: Orientacións para o TFM | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Avaliación Neuropsicolóxica da Linguaxe nas Demencias | Optativo | 2º | 2 ECTS | |
Métodos e Deseños na Investigación da Linguaxe | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Análise de Casos Prácticos a través dun Paquete Estatístico | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
O Proceso da Investigación Cualitativa nos Estudos sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
A Análise dos Discursos Narrativos nas Relacións de Apego | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Propostas de Avaliación e Diagnóstico das Dificultades na Aprendizaxe da Lectura e Escritura. O Caso da Dislexia. | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Avaliación do Desenvolvemento da Linguaxe e a Comunicación | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Técnica e Hixiene Vogal para o Uso Correcto da Voz | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Avaliación dos Procesos Cognitivo-Lingüísticos Implicados na Aprendizaxe Lecto-Escritora | Obrigatorio | 1º | 2 ECTS | |
Avaliación dos Problemas de Comunicación e Linguaxe no T.E.A. | Optativo | 2º | 1,5 ECTS | |
Avaliación dos Trastornos da Linguaxe e Audición desde a Práctica Clínica | Optativo | 2º | 1,5 ECTS | |
Avaliación da Lectura en Xordos. Cara a unha Educación Inclusiva | Optativo | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
A Intervención en Trastornos Específicos e Derivados doutros Procesos e Alteracións | Optativo | 1º | 8 ECTS | |
Intervención nas Alteracións da Linguaxe, Fala, Audición e Voz: da Teoría á Práctica Clínica | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS | |
Intervención nos Problemas de Comunicación e Linguaxe en T.E.A e algunhas Propostas Informáticas para a Intervención | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Intervención nas Alteracións da Aprendizaxe da Lecto-Escritura e Achegas das TIC | Optativo | 2º | 9 ECTS | |
O Papel do Contexto Familiar no Tratamento das Alteracións da Comunicación e a Linguaxe | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Prevención das Dificultades Lecto-Escritoras no Ámbito Educativo | Obrigatorio | 2º | 2 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas Externas (Prácticum) | Obrigatorio | 2º | 9 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.