Máster Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

O mestrado está deseñado para proporcionar a estudantes de diversas procedencias culturais e académicas unha formación completa en áreas transdisciplinares emerxentes na intersección da Física e a Química dos materiais. O programa céntrase nos seguintes piares fundamentais: comprensión da estrutura dos materiais, síntese de materiais complexos, dominio de técnicas analíticas, incluída a configuración experimental e a interpretación dos resultados, análise estatística de datos e cuestións medioambientais.

O programa detallado de cada materia está dispoñible nesta ligazón.

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

O desenvolvemento de materiais complexos é importante en sectores tan diversos como, por exemplo, a aeronáutica, a alimentación, a cosmética, os plásticos, o caucho, o naval, a industria farmacéutica, a electrónica, a enxeñaría civil ou o téxtil.

Saídas profesionais e académicas

Investigación, desenvolvemento e innovación en centros públicos e en empresas relacionadas, entre outras, coas seguintes actividades:

  • Aeronáutica (composites)
  • Alimentación (espesantes, preparados industriais etc.)
  • Cosmética (cremas, esmaltes, nanopigmentos...)
  • Plásticos (empresas transformadoras por inxección, extrusión, laboratorios de I+D)
  • Caucho (transformación, pneumáticos, correas etc.)
  • Naval (elaboración de composites avanzados para embarcacións, pinturas antifouling respectuosas co medio)
  • Industria farmacéutica (biomateriais e materiais biomiméticos, excipientes, formulacións)
  • Electrónica (preparación de chips, adhesivos)
  • Enxeñaría civil (composites, adhesivos, recubrimentos autolimpables)
  • Téxtil (fibras, recubrimentos flexibles, pel sintética, tecidos intelixentes)

Empresas e institucións colaboradoras

A lista seguinte mostra algunhas das compañías e institucións predispostas a colaborar (permitindo prácticas para os estudantes, participación en conferencias, suministro de material de laboratorio,...) e tamén aquelas que ofrecen saídas laborais os nosos estudantes:

    Gairesa, Stac, TA Instruments, Corvisa, Control y Estudios (CyE), Lupeon, Sabic Innovative Plastics, University of Oregon, University of Niza (Sophia Antipolis), University of Erlangen, Ceamsa, Radbud University, IMDEA, Servizos de Apoio a Investigación (UDC), Unidad Mixta Navantia-UDC, Airbus, ….

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Reofísica de Fluídos Complexos Obrigatorio 5 ECTS
Materiais Estruturados. Nanomateriais Obrigatorio 3 ECTS
Fisicoquímica de Polímeros Obrigatorio 3 ECTS
Física Estatística de Polímeros,Técnicas de Dispersión de Luz. Microscopía Obrigatorio 3 ECTS
Física da Materia Branda, Interfaces Obrigatorio 3 ECTS
Mecánica dos Medios Continuos Optativo 4 ECTS
Ondas Acústicas Optativo 4 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 18 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

Profesorado Univ. Paris Cité:

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

Mobilidade de todo o alumnado de acordo co convenio específico subscrito para esta dupla titulación entre as universidades Paris Diderot e da Coruña.

Alén disto, cóntase co convenio de mobilidade Erasmus Estudos (SMS) e Erasmus Prácticas (SMP), así como con convenios de intercambio de profesorado e persoal de administración e servizos (STA e STT).