Mediante os estudos de mestrado adquírese un amplo conxunto de coñecementos e destrezas ligados á inspección técnica e intervención no patrimonio arquitectónico nas súas múltiples vertentes.
Adicionalmente, e de forma optativa, ofrece instrución relacionada coa investigación documental e tecnolóxica en arquitectura.
A intervención no patrimonio edificado non só esixe unha elevada capacitación técnica, senón que require en paralelo un profundo coñecemento dos valores históricos, artísticos e culturais daquilo sobre o que se actúa. O exercicio profesional enténdese aquí desde a comprensión do pasado e a construción do futuro, tarefas interconectadas en que se imbrican consideracións de compromiso cara á sociedade á que se serve.
Polo demais, operar nun marco onde os avances técnicos se suceden de forma acelerada implica dos técnicos asumiren estratexias de aprendizaxe ao longo da vida, de forma que a innovación e o progresivo desenvolvemento tecnolóxico supoñan unha constante fonte formativa que os capacite para afrontaren novos retos.
A titulación aborda unha formación multidisciplinar acorde coas múltiples vertentes da conservación e a intervención no patrimonio edificado. Combina, xa que logo, competencias específicas de moi diversa índole:
Desde a organización das distintas materias e as súas correspondentes actividades formativas preténdese potenciar un amplo conxunto de competencias transversais, é dicir, destrezas que integran factores cognitivos, afectivos e de comportamento, e que habitualmente se relacionan cunha maior capacidade para operar con eficacia en diversos ámbitos profesionais. Entre outras, saliéntanse as seguintes:
O ciclo de estudos pretende facilitar unha capacitación multidisciplinar directamente vinculada aos seguintes perfís profesionais:
Contémplase igualmente un complemento formativo orientado ao posible acceso aos estudos de doutoramento, en calquera caso de acordo cos requisitos e procesos definidos na actual regulamentación vixente.
A titulación deseñouse baixo unha estrutura anual de 60 créditos ECTS. Presenta 6 módulos temáticos, cuxa orientación e contido se pode consultar nesta mesma sección. Os devanditos módulos albergan un total de 12 materias obrigatorias que, á súa vez, supoñen un montante de 36 créditos. Paralelamente impártense ata 11 materias optativas, das cales hai que cursar un mínimo de 6 (18 créditos). Ao termo inclúese un módulo adicional, integramente dedicado ao traballo de fin de mestrado, cunha carga lectiva de 6 créditos, e que se concibe como unha proposta de síntese e aplicación práctica das competencias adquiridas ao longo do ciclo.
Para obter maior información sobre a titulación, pódese consultar a correspondente guía docente, ou ben acceder na táboa inferior a cada unha das guías particulares das diferentes materias que a integran.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Análise e Teoría da Intervención no Patrimonio | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Técnicas de Levantamento Gráfico | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Inspección dos Sistemas Construtivos | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Inspección das Estruturas | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Inspección das Instalacións | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
A Rehabilitación a través do Proxecto | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Avaliación Enerxética na Rehabilitación | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Técnicas Construtivas de Intervención en Rehabilitación | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Técnicas de Intervención en Rehabilitación de Instalacións | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Avaliación e Recalzo de Cimentacións | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Formigón | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Madeira | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Historia do Patrimonio Arquitectónico | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Técnicas de Investigación e Documentación en Arquitectura | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Técnicas de Investigación Tecnolóxica na Arquitectura | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Patoloxía dos Materiais e Sistemas Tradicionais | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
A Sostibilidade na Rehabilitación | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Fábrica | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Accións e Estratexias sobre a Arquitectura Moderna | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Xestión Integral do Proxecto de Rehabilitación | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Análise Estrutural de Edificios Históricos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Sistemas Avanzados de Reparación e Reforzo de Estruturas | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.