Tres especialidades, de 45 ECTS:
Reeducación Funcional, Autonomía Personal e Calidade de Vida: especialidade presencial para a formación e investigación en estratexias de atención interdisciplinar para a promoción da autonomía persoal e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. 25 prazas
Fundamentos de Investigación Biomédica: especialidade presencial para a formación avanzada en técnicas de investigación en bioloxía celular, cultivo celular, terapia celular e medicina rexenerativa, bioquímica e bioloxía molecular, xenética, xenómica, proteómica, microbioloxía, neurociencia, bioinformática, epidemioloxía etc. 10 prazas
Investigación Clínica: especialidade a distancia para a formación e investigación no ámbito da clínica. 20 prazas
Podes consultar os horarios aquí: http://www.imedir.udc.es/mais/?page_id=46
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, acotío nun contexto de investigación.
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando.
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse.
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao largo da vida.
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse.
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade.
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais de da comunidade autónoma.
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro.
O Mestrado capacita para a realización da activade investigadora no ámbito das ciencias da saúde, desde un punto de vista multidisciplinar que abrangue desde a investigación básica á clínica.
Os grupos de investigación da UDC implicados no presente programa, e tamén os grupos de investigación do CHUAC e do INIBIC, presentan unha considerable produción científica e dispoñen dun número apreciable de proxectos de I+D+i. Un feito que demostra o interese e o apoio da Administración na evolución destos grupos é o proxecto de creación do Centro de Investigación Tecnolóxica en Saúde e Calidade de Vida (Proxecto ASISTA), no futuro Parque Tecnolóxico da UDC.
En función da especialidade realizada, o Mestrado capacita para a actividade nos seguintes campos: investigación básica e clínica, desenvolvemento de ensaios clínicos, laboratorios clínicos, industria farmacéutica e biotecnolóxica, sanidade e benestar humano. O Mestrado dá acceso ao Programa de Doutoramento en Ciencias da Salúde, que ofrece un amplo abano de grupos e liñas de investigación Máis información en http://www.udc.es/ensino/doutoramento/.
Este mestrado conta cunha notable participación de grupos de investigación da UDC no ámbito das ciencias da saúde e coa colaboración dos grupos de investigación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) e do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC). O conxunto destes grupos caracterízase por unha abondosa produción científica e pola súa capacidade para conseguir financiamento público e privado para desenvolver proxectos de I+D+i.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Preparación dun Proxecto de Investigación I: Busca de Información | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Preparación dun Proxecto de Investigación II: Desenvolvemento e Comunicación | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Aspectos Éticos e Xurídicos na Investigación en Ciencias da Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Xestión da Investigación Sanitaria | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Recursos Informáticos de Apoio á Investigación | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Ciencias da Saúde Baseadas na Evidencia | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Economía da Saúde e Xestión Sociosanitaria | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Habilidades Psicosociais da Comunicación en Ciencias da Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Actividade Física e Investigación en Antropometría | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Endocrinoloxía e Nutrición Básico-Clínica | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Termalismo e Balneoterapia | Optativo | 1º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Atención Integral das Persoas con Lesión Medular | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
Atención Integral das Persoas con Dano Cerebral | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
Atención Temperá e Discapacidade Infantil | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Clínica Psiquiátrica, Investigación e Xestión na Saúde Mental | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
Investigación na Ocupación Humana | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Intervención na Dependencia | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Tecnoloxía da Información e as Comunicacións, Axudas Técnicas e Accesibilidade | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Socioloxía da Saúde, a Discapacidade e a Dependencia | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Motricidade e Discapacidade: Investigación na Rehabilitación | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Traballo Fin de Máster: Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Técnicas Histolóxicas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Técnicas de Cultivo Celular | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Técnicas de Manipulación e Análise de Proteínas | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Técnicas de Manipulación e Análise de Ácidos Nucleicos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Aplicación das Técnicas de Investigación en Ciencias da Saúde | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Estadía nun Grupo de Investigación | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Seminarios Científicos | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Traballo Fin de Máster: Fundamentos de Investigación Biomédica | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Investigación Sanitaria no Hospital e na Universidade | Obrigatorio | anual | 6 ECTS | |
Investigación Clínica I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Investigación Clínica II | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Investigación Clínica III | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Investigación en Ciencias da Saúde I | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Investigación en Ciencias da Saúde II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Máster: Investigación Clínica | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.