A formación adquirida polos estudantes, habilitaralles como profesionais especializados en temas referentes á auga e cualificados para traballar en empresas de consultoría especializadas e xerais, laboratorios, empresas de servizos, empresas de construción. Persoal cualificado para o desenvolvemento de actividades I+D+i. As prácticas (15c) en empresas e institucións vinculadas á UDC será unha materia obrigatoria e incrementarán as opcións do titulado para a súa inserción laboral.
A pesar de que a situación de empleabilidade nos últimos anos está a ser difícil, os estudantes, unha vez finalizada a formación deste máster, fóronse incorporando á vida laboral en empresas relacionadas coa xestión da auga, tanto de Galicia como do resto do país e nas empresas estranxeiras.
Profesionais especializados en temas referentes a auga,cualificados para traballar en empresas de consultoría especializadas e xerais, laboratorios, empresas de servicios, empresas da construcción. Enxeñaría da Auga e investigación. Personal cualificado para el desarrollo de actividades I+D+I. As prácticas (15c) en empresas e institucións vinculadas á UDC será unha materia obrigatoria e incrementarán as opcións do titulado para a súa inserción laboral. http://caminos.udc.es/info/asignaturas/201/masterindex.html https://www.hs-magdeburg.de
SGS Tecnos S.A. ENDESA GENERACIÓN S.A University of Magdeburg Hochsule Empresa Municipal de Aguas de La Coruña , S.A Norwegian University of Science and Technology (NTNU) VIAQUA Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A Solimno Tec GmbH+Co.KG Empresa mixta de augas de Ferrol S.A CONSULTORA DE INGENIERÍA, MEDIO AMBIENTE Y ARQUITECTURA SL CIMARQ Aquaourense Universidad de San Diego, California Universidad de Hoguin (Cuba) Adantia École polytechnique fédérale de Lausanne Empresa Mixta de Augas de Ferrol S.A Spina y delfin Universidad Politécnica Laussane INRS: Institut National de la Recherche Scientifique. Quebec OHL PUERTO DE FERROL Aquatica Dipartimento di Elettronica, Informazione e Bioingegneria Politecnico di Milano Grupo Puentes Leichtweiss Institute for Hydraulic Engineering and Water Resources Fichtner Water and Trasnportation Aguas de Alicante Deutsches Biomasseforschungszentrum- ASTURAGUA SGS GGU Gesellschaft für Grundban und Umwelttechnique UFZ Helmholtz Centre for Environmental Research University of A Coruña.ETS Ingeniería Industrial Ayuntamiento de Ávila INROS-LACKNER Rostock Adantia Acciona University of Genova Universidad de Alicante Acciona BBFZ
O Máster en Enxeñería da Auga é un programa conxunto entre a Universidade da Coruña e a Universidade de Magdeburg e tamén conta coa colaboración doutras institucións de educación superior de prestixio. O programa baséase en tres semestres, dous dos cales se imparten en cada unha das institucións e un terceiro que terá lugar, a elección do alumno, entre A Coruña, Magdeburgo e outras universidades asociadas, onde os estudantes desenvolverán o seu período de prácticas e o seu Traballo Fin de Máster. Esta colocación considérase un punto clave para este máster como un tema esencial para permitir a inclusión dos estudantes no mercado laboral.
A docencia do máster é presencial e integramente en inglés.
Traballo Fin de Máster
O obxecto do TFM será un traballo de investigación científica en calquera dos campos relacionados coa Enxeñería da auga. Para iso o coordinador da universidade de acollida designaralles un titor experto no tema que o alumno elixa para desenvolver o seu traballo. Este poderá desenvolverse nas universidades da Coruña ou Magdeburgo, ou outras universidades coas que estas teñan acordos de colaboración. Á finalización dos traballos o titor recibirá unha memoria, que será avaliada por un tribunal de polo menos tres integrantes, entre os que estarán o coordinador do máster e outras 2 persoas designadas polo titor. O traballo redactarase e defenderase en inglés.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Planificación Hidrolóxica e Proxectos | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Sistemas de Abastecemento e Saneamento | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Físico-Química e Calidade da Auga | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Hidráulica Experimental I | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Hidráulica Computacional I | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Tratamento da Auga e Eficiencia Enerxética | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Enxeñaría da Auga Subterránea | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Prácticas Externas | Obrigatorio | 1º | 15 ECTS | |
Planificación Hidráulica e Proxectos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
SIG e Hidroloxía | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ecoloxía de Restitución | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Hidráulica Experimental II | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Hidráulica Computacional II | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Morfoloxía Fluvial | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Biotecnoloxía da Auga | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 15 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Hidráulica e Hidroloxía I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Hidráulica e Hidroloxía I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.