Programa Oficial de Doutoramento en Neurociencias

2021/2022

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

4 prazas ofertadas no curso 2021/2022

Perfil de admisión recomendado

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A Comisión Académica (CAPD) acordou que para estudar as solicitudes, deben cumprir cos seguintes requirimentos:

  • 1. A solicitude de admisión debe achegar un anteproxecto de tese avalado por un doutor, que será o director da tese. (Pódese descargar unha plantilla de referencia aquí
  • 2. O director debe formar parte do programa de doutoramento. De non ser así, deberá haber dous directores. Un deles debe formar parte do programa de doutoramento.
  • 3. Os directores deben acreditar cumprir cos requisitos establecidos para poder dirixir teses segundo o REDUDC utilizando para iso o formulario establecido. Se xa está dado de alta como director na Escola Internacional de Doutoramento, non é necesario entregar o formulario, sempre e cando os méritos non estén caducados.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.