Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade

2022/2023 · 60 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Aínda que non é indispensable posuír unha titulación específica para acceder ao Mestrado, si existen algunhas competencias que se consideran especialmente adecuadas para cursar estes estudos, como son as adquiridas nas titulacións de Grao da rama de Enxeñaría e Arquitectura, estudos relacionados coas ciencias ambientáis e ciencias en xeral, así coma nas antigas titulacións de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica, Arquitectura e Arquitectura Técnica e licenciaturas relacionadas coas ciencias.

O Mestrado, ademais de estar dirixido a quen pretende obter a titulación propiamente dita, tamén pode ser de interese para persoas que só desexan cursar algunhas das súas materias como complemento doutros mestrados afíns, da súa formación profesional ou para completar a formación previa esixida para o acceso ao doutoramento (no caso concreto dos Enxeñeiros Técnicos e Arquitectos Técnicos, ata alcanzar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que, polo menos 60, haberán de ser de nivel de Mestrado).

Requisitos de acceso comúns

Os xerais de acceso e admisión.

No seguinte enlace pódese consultar a información relativa ós másteres impartidos na Escola Politécnica de Exeñaría de Ferrol, onde se poden atopar os listado de admitidos nos diferentes prazos. Páxina de información sobre os másteres da EPEF.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

25 prazas ofertadas no curso 2022/2023

Criterios e procedementos de admisión

Nos criterios de valoración para a admisión teranse en conta os seguintes aspectos:

  • Titulación. Terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes a persoas que contan cunha titulación previa da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • Expediente académico.
  • Experiencia profesional, de voluntariado, docente ou investigadora en actividades propias do ámbito do Mestrado.
  • Formación complementaria e outros méritos (coñecemento de idiomas, estancias no estranxeiro, achegas científicas ou outra formación).

Prazos

Prazo especial para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español con título non homologado para o curso 2022/2023 (os másteres que habilitan para o exercicio de profesión regulada non contan con este prazo especial xa que necesariamente o título debe estar homologado previamente):

  • Do 17 de xaneiro ao 17 de abril de 2022: Preinscrición
  • Do 23 ao 17 de maio de 2022: Reserva de praza
  • Do 1 ao 8 de agosto de 2022: Matrícula

Os prazos xerais para o curso 2022/2023 son:

Primeiro prazo

  • Do 2 de maio ao 18 de xullo de 2022: Preinscrición
  • Do 1 ao 8 de agosto de 2022: Matrícula

Segundo prazo

  • Do 22 ao 30 de agosto de 2022: Preinscrición
  • Do 9 ao 16 de setembro de 2022: Matrícula

Terceiro prazo

  • Do 26 de setembro ao 4 de outubro de 2022: Preinscrición
  • Do 11 ao 16 de outubro de 2022: Matrícula

Os prazos xerais están tamén dispoñibles neste calendario.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: