Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica

2022/2023 · 60 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Requisitos de acceso comúns

Os xerais de acceso e admisión.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

25 prazas ofertadas no curso 2022/2023

Criterios e procedementos de admisión

De cara á admisión no máster terase en conta a existencia dunha adecuación co perfil dos estudos de dito máster. En consecuencia, aplicarase un baremo común en ambas institucións para a admisión, en base os seguientes aspectos:

a) Titulación. Terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes a persoas que contan cunha titulación previa da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

b) Expediente académico.

c) Experiencia profesional, de voluntariado, docente ou investigadora en actividades propias do ámbito do Mestrado.

d) Formación complementaria e outros méritos (conocimiento de idiomas, estancias no extranxeiro, aportacións científicas ou outra formación).

Prazos

Prazo especial para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español con título non homologado para o curso 2023/2024 (os másteres que habilitan para o exercicio de profesión regulada non contan con este prazo especial xa que necesariamente o título debe estar homologado previamente):

  • Do 13 de febreiro ao 14 de abril de 2023: Preinscrición
  • Do 1 ao 8 de xuño de 2023: Matrícula

Os prazos xerais para o curso 2023/2024 son:

Primeiro prazo (ordinario)

  • Do 2 de maio ao 26 de xuño de 2023: Preinscrición
  • Do 22 de xuño ao 10  de agosto de 2023: Prazos de matrícula e xestión de listas de agarda

Segundo prazo (so prazas vacantes)

  • Do 22 ao 28 de agosto de 2023: Preinscrición
  • Do 13 ao 24 de setembro de 2023: Prazos de matrícula e xestión de listas de agarda

Terceiro prazo (so prazas vacantes)

  • Do 26 de setembro ao 4 de outubro de 2023: Preinscrición
  • Do 18 ao 23 de outubro de 2023: Matrícula

 

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: