Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial

2020/2021 · 120 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes a persoas que conten cunha titulación de Grado en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto ou Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, podendo tamén acceder alumnos doutras titulacións de Enxeñería con experiencia proxetual no ámbito do Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto.

Requisitos de acceso comúns

Para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espacio Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinanzas de Máster.

Asimesmo, poderán accede-los titulados conforme a sistemas educativos alleos ó Espacio Europeo de Educación Superior sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente ós correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de postgrado.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

25 prazas ofertadas no curso 2020/2021

Criterios e procedementos de admisión

A Comisión de Selección valorará a adecuación dos solicitantes co perfil dos estudos do Máster, tendo en conta os seguintes aspectos:

a) Titulación. Terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes a persoas que conten cunha titulación de Grado en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto ou Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.

b) Expediente académico.

c) Tamén poderán acceder alumnos doutras titulacións de Enxeñería con experiencia proxetual no ámbito do Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: